Hai veces na vida dalgunhas persoas en que de súpeto ocorre algo que o cambia todo.
O medo.
Medo a vivir.
Medo a non soportar a vida.
Medo a ter que facelo.
Medo a non saber como.
Medo ao medo.
Esta historia trata dunha desas persoas.
Tamén trata dos celos.
Os celos destrúennos por dentro.
Ás veces tamén por fóra.
Os celos destrúen todo.
E sempre pagamos por eles un prezo moi alto.
Coma Éric, coma Xenia, coma Hugo.
Porque aprender a vivir nunca é fácil.