Lúa Nova

Lúa Nova

Montero, Irene

Editorial Edicións Xerais
Fecha de edición mayo 2022 · Edición nº 1

Idioma gallego

EAN 9788411101127
96 páginas
Libro Dimensiones 155 mm x 230 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  16,50 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

Lúa Lóngora é unha pianista recoñecida e admirada no mundo enteiro.
Coa música como eixe sobre o que se vertebra toda a súa existencia, goza dunha vida plena e afortunada rodeada de seres que a queren e que a axudaron a desenvolverse como profesional e como persoa.
Lúa é cega de nacemento, unha condición que non lle impediu avanzar no seu camiño, erguéndose despois de cada tropezo coa axuda imprescindible de quen a rodea.
Mais chega un momento en que a vida a pon diante dos seus medos, das súas dúbidas, do seu futuro...
Os cambios sempre asustan, tamén a Lúa, que ata agora se atreveu con todo.
Cunha historia tenra e conmovedora, Irene Montero invita a reflexionar sobre a discapacidade e a relatividade do propio termo.
En Lúa Nova proponse unha percepción da realidade cunha ollada diferente, máis aberta, máis inclusiva e máis respectuosa.

Biografía del autor

Irene Montero (Ferrol, 1970). Filóloga de carreira e xornalista de profesión, leva máis de vinte anos dedicada á comunicación corporativa, despois de pasar por varios medios informativos nos comezos da súa vida laboral. Isto permitiulle facer da escrita o seu oficio, orientado habitualmente a textos informativos e divulgativos. En 2021 escribe a súa primeira obra literaria, Lúa Nova (Xerais, 2022), coa que consegue gañar a oitava edición do Premio de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira. (Foto da autora: Roberto Loxo)



Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.