Editorial Xerais De Galicia
Colección Xerais Peto, Número 0
Fecha de edición octubre 1998
Idioma gallego
EAN 9788483022498
184 páginas
Libro
encuadernado en tapa blanda
Dimensiones 112 mm x 175 mm
En Land Rover, Suso de Toro, con intachable sentido da progresión narrativa, bríndalles ós seus lectores unha obra singular, bicéfala, pechada en si mesma coma un círculo perfecto no que se inscriben a fábula e a historia, mito e realidade. Suso de Toro dálle a volta á historia bíblica da xénese e, agora, é Abel quen mata a Caín cunha chave inglesa. (José F. Ruíz Casanova, El Observador,Bbarcelona). Con Land Rover Suso de Toro demostrou ter un mundo na cabeza e unha voz propia capaz de crear vidas recoñecibles. Recoñecibles e auténticas, porque nos fan rir e chorar, pensar e maldicir, odiar e querer. E iso, non outra cousa, é ser un bo escritor. (Miguel Suárez Abel, El Correo Gallego,Ssantiago). Land Rover é unha gran novela, desenvolta entre os límites rural e urbano. Escoitando os seus seres paréceme entrar en calquera bar galego (canto máis cutre, mellor). pero é que, ademais, son personaxes desinhibidos, realistas e sucios.
Suso de Toro (Santiago, 1956) é licenciado en Arte Moderna e Contemporánea. En 2003 foille concedido o Premio Nacional de Narrativa. Como narrador publicou: " Caixón desastre " (1983, 1991), relatos, Premio Galicia da Universidade de Santiago; " Polaroid " (1986), relatos, Premio da Crítica Galicia; " Land Rover " (1988), novela; " Ambulancia " (1990), novela; " Tic-Tac " (1993, 2003), novela, Premio da Crítica Española 1994; " A sombra cazadora " (1994), novela; " Conta saldada " (1996, 2017), novela; " Calzados Lola " (1997), novela, Premio Blanco Amor; " Círculo " (1998), relatos; " Non volvas " (2000), novela, Premio da Crítica Española; " Trece badaladas " (2002), novela, adaptada libremente ao cine por Xavier Villaverde co título homónimo (2003) e Premio Nacional de Narrativa; " Morgún (Lobo Máxico) " (2003), novela; " Home sen nome " (2006), novela; " Sete palabras " (2009), novela, " Somnámbulos " (2014), relatos e " Fóra de si " (2018), novela. Escribiu, entre outros, libros de xornalismo e ensaio: " F.M. " (1991), " Camilo Nogueira e outras voces. Unha memoria da esquerda nacionalista " (1991), " O país da brétema " (2000, Xerais 2016), " A carreira do salmón " (2001), " Nunca máis Galiza á intemperie " (2002), " Españois todos " (2004), " Ten que doer " (2004), " Outra idea de España " (2005), " Outra Galiza " (2008), " Inmateriais. Vidas da nosa historia " (2013), " Humildar. Rituais despois de deus " (2017) e " Dentro da literatura " (2019). Publicou ademais a obra de teatro " Unha rosa é unha rosa " (1997) e " Servicio de urxencias " (2002), guións de televisión.
|