Editorial Edicions Do Cumio
	
					
					
					
					
					
					
					
					
						Fecha de edición  noviembre 2024  · Edición nº 1
					
					
					
						
						
							
						Idioma español
							
							
							
						
						
						
						
						
						
						
						
						
					
			    	EAN 9788482897042
					
						
						36 páginas
					
					
					
						
					
						Libro
						
							encuadernado en tapa dura
						
						
						
						
					
					
					
						
					
					
					
								
					
						Dimensiones 200 mm x 240 mm
					
					
						
Cuento poderoso y creativo que resalta la importancia de los libros como poderosos y transformadores. A través de una narrativa original, muestra cómo la lectura no sólo proporciona educación, sino que también empodera a las personas para cuestionar el mundo que les rodea y luchar contra las injusticias.
Fran Alonso (Vigo, 1963) comezou a súa traxectoria como escritor ao gañar o Premio Blanco Amor de Novela en 1991 con Tráiler (Xerais). Desde entón publicou novelas, libros de relatos, poesía, literatura infantil, xuvenil e libros de xornalismo. A súa obra está guiada sempre por unha actitude innovadora. En 1994 publicou o libro de relatos Cemiterio de elefantes (Xerais, 1994) e logo viñeron a novela Silencio (1995-Xerais, 2014), O brillo dos elefantes (Xerais, 1999), Males de cabeza (Xerais, 2001), Cartas de amor (Xerais, 2006), Ninguén (Xerais, 2011) e A punta de pistola (Xerais 2012), que foi XII Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia, así como as biografías A vida secreta de María Mariño (Xerais, 2007), Folerpas de Novoneyra (Xerais, 2010) e A voz que vén da seitura (libro-CD, 2007). No ámbito do xornalismo, publicou os libros Territorio ocupado (Xerais, 1998), Un país a medio facer (Xerais, 2008) e Contesta ou disparo (e-book, 2011). A súa obra poética deuse a coñecer coa publicación, en 1992, de Persianas, pedramol e outros nervios (1992), ao que seguiron Tortillas para os obreiros (1996), Cidades (Xerais, 1997), Subversións (Xerais, 2001), Balada solitaria (2004), O meu gato é un poeta (libro-CD, Xerais, 2011), Poemas birollos para ler cos ollos (Xerais, 2016), Terraza (Xerais, 2017), Transición (libro-CD, 2011) e Véndoche un poema (2025). Tamén é autor da coñecida antoloxía Poetízate (Xerais, 2006), que se converteu nun best-seller, e dos álbums ilustrados A casa da duna (Xerais, 2002) e A araña e mais eu (2009). En 2021 publica o ensaio para lectorado infantil e xuvenil Douche a miña palabra (Xerais, 2021). Así mesmo é colaborador de diversos medios de comunicación, activista a favor da lectura, realizou o deseño e ilustracións dalgúns dos seus libros e leva a cabo diversos espectáculos poéticos. A súa obra está traducida a varias linguas.
			
  | 
        ||||||