Kid Salvaxe

Kid Salvaxe

Reigosa, Carlos G.

Editorial Xerais De Galicia
Colección Edición Literaria - Poesía, Número 0
Fecha de edición abril 2014 · Edición nº 1

Idioma gallego

EAN 9788499146829
104 páginas
Libro Dimensiones 150 mm x 220 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  13,50 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

Kid Salvaxe de Carlos Reigosa tráenos o arrecendo dunha poesía -velaí a cita introdutoria do máis que admirado Bob Dylan: Failles caso ás túas lembranzas / porque nunca poderás vivilas de novo - que nos aproxima, polos camiños certos da nostalxia, a un Jack Kerouac, aquel de quen aprendeu Allen Ginsberg e que se reivindicaba a si mesmo como un poeta jazzista que sopra un longo blues durante unha sesión de jam na tarde dun domingo . Por algo Bob Dylan acabou recoñecendo que fora a poesía de Kerouac a que o impulsara a dedicarse ao mundo da troba. E por algo e por todo debemos nós agora adentrarnos na vida das palabras que foi tecendo Carlos Reigosa.

Biografía del autor

Carlos G. Reigosa (Carlos González Reigosa) (Pastoriza, 1948). Licenciado en Ciencias da Información e Ciencias Políticas. Xornalista. Desde 1997 é director de Publicacións Análise e estilo da Axencia EFE. Autor de numerosos artigos sobre crítica teatral, literaria e política internacional, publicados en revistas e xornais españois e americanos. Como narrador ten publicadas as seguintes obras: Oxford, amén (1982), novela; Homes de tras da Corda (Xerais 1982, 2000), relatos; Conversas de Carlos G. Reigosa con Gonzalo Torrente Ballester (1983); Crime en Compostela (Xerais 1984), Premio Xerais de novela; As pucharcas da lembranza (Xerais 1985), relatos; Irmán Rei Artur (Xerais 1986, 2000), relatos; O misterio do barco perdido (Xerais 1988), novela; Matinacións zafanarias en Contos eróticos / eles (Xerais 1990); Os outros disparos de Billy (Xerais 1991); A súpeta despedida de Ramón Beiro (1992), relato publicado nos Contos do Castromil; A guerra do tabaco (Xerais 1996), novela; Narcos (Xerais 2000), novela, Premio Benito Soto 2001; e Intramundi (Xerais 2002), novela. Ademais publicou varios libros de investigación e ensaio xornalístico, entre eles, Fuxidos de sona (Xerais 1989), documento xornalístico; La agonía del león (Alianza Editorial 1995), Premio Internacional Rodolfo Walsh de Literatura testemuñal en 1996; e Doutor Livingstone, supoño (Xerais 1998), ensaios.





Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.