Izan o da saca

Izan o da saca

Quiroga, Xabier

Editorial Xerais De Galicia
Colección Edición Literaria - Narrativa, Número 0
Fecha de edición noviembre 2015 · Edición nº 1

Idioma gallego

EAN 9788499149400
384 páginas
Libro encuadernado en tapa blanda
Dimensiones 145 mm x 220 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  23,95 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

O Fiscal Superior de Xustiza recibe do seu editor un paquete que contén, ademais dun cartafol con noticias de varias mortes sen relación aparente, unha novela. Nela, un taxista con ínfulas investigadoras e lector empedernido acepta o delicado encargo dun coñecido político e empresario galego: desentrañar un suposto pasado nazi co que os seus inimigos poden relacionalo. Comeza así, ademais dunha engaiolante procura pola xeografía física e humana deste país, unha perigosa pescuda sobre un dos feitos históricos máis intrigantes da posguerra: a misteriosa Ruta das ratas ao seu paso polo noroeste da península Ibérica e cara ao refuxio nazi en América do Sur.
Mesturando realidade e ficción, coa mestría da madurez narrativa e facendo encaixar as múltiples pezas desta novela negra nun insólito final, Xabier Quiroga atrápanos nunha trama que, da man do Reiniña, o seu protagonista, remexe no escuro duns feitos agochados no pasado pero que, sen remedio, salpican o presente.

Biografía del autor

Xabier Quiroga, que prefire non divulgar datos biográficos e que segue a considerar que na literatura importa a obra en si e non a montaxe que se argalla arredor dela , deuse a coñecer con Atuado na braña (Xerais, 2002), novela longa que recibiu unha calorosa acollida da crítica (Premio Losada Diéguez 2002, Finalista do Premio Arcebispo San Clemente 2002 e do Premio Novela Europea Casino de Santiago 2002). A seguir entregou unha pequena alfaia literaria, Era por setembro (Xerais, 2004), novela de formato máis breve que seduciu pola emoción que destila no recanto de cada páxina . Volveu tras os pasos da súa primeira novela en Se buscabas un deus (Xerais, 2006), unha reflexión sobre o futuro que nos agarda. <br> As súas seguintes achegas consolidárono como un autor de referencia nas letras galegas: O Cabo do Mundo (Xerais, 2009) e Zapatillas rotas (Xerais, 2014) outorgáronlle os Premios da Crítica de 2010 e de 2015, respectivamente; e a sorprendente Izan o da saca (Xerais, 2015) recibiu o Premio Arcebispo San Clemente 2016 e mais o favor do público lector. Con O baile dos estorniños (Xerais, 2021), que ten en común con O Cabo do Mundo e Izan o da saca a investigación histórica e a presenza do personaxe Reina, culminou a súa Triloxía da Ribeira Sacra. A súa novela máis recente é Coa man esquerda (Xerais, 2023).




Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Pasajes Libros ha recibido la ayuda a la modernización de las librerías de la Comunidad de Madrid correspondiente al ejercicio 2023.

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.