Galegocalantes e galegofalantes

Galegocalantes e galegofalantes

Callón, Carlos

Editorial Xerais De Galicia
Fecha de edición marzo 2017 · Edición nº 1

Idioma gallego

EAN 9788491211501
232 páginas
Libro encuadernado en tapa blanda
Dimensiones 150 mm x 220 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  19,50 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

Tócanos definir se imos permitir que destrúan o idioma propio do país ou se, polo contrario, imos ser a xeración que soubo facerlle fronte a esta lexión de enterradores , di Carlos Callón en " Galegocalantes e galegofalantes " , un libro-testemuño sobre o que lle ten acontecido á lingua galega desde que o PP retomou o poder autonómico en 2009.
Nas súas páxinas analízanse as causas dos retrocesos e do inédito movemento social de resposta xurdido nese ano. Ademais, fornécense argumentos para continuar na defensa do idioma e anímase a que as persoas galegocalantes dean o paso a se transformaren en galegofalantes. É, pois, un libro que dá azos, razóns, forza e determinación.
Galegofalantes, activémonos! Galegocalantes, unídevos!

Biografía del autor

Carlos Callón (Ribeira, 1978). Profesor no instituto San Clemente de Santiago de Compostela, doutor en Estudos Lingüísticos e Literarios do Galego e do Portugués e presidente de honra da Mesa pola Normalización Lingüística. Recibiu, entre outros, os premios Vicente Risco de Ensaio e o da Crítica de Investigación.<br> No ámbito lingüístico destacan os seus títulos Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez (Xerais, 2012) e O libro negro da lingua galega (Xerais, 2022). O seu último poemario é A abertura da boca (2021).<br> Na investigación LGBT, diplomouse cun traballo sobre o heterosexismo no campo literario (2003) e doutorouse cun estudo sobre as homosexualidades no trobadorismo (2017). Publicou a primeira antoloxía literaria LGBT galega, Da sátira ao orgullo (2003) e os ensaios Amigos e sodomitas (2012) e Vidas e historias LGBT na Idade Media (Xerais, 2025). Tamén en 2025 publicou Maxicamente vella, eternamente nova. A literatura tradicional galega (Xerais, 2025).<br> Promoveu roteiros, cursos e o documentario Maridos e sodomitas. Os casamentos de home no reino da Galiza medieval (2024). É membro da Comisión sobre Identidades e Disidencias Sexuais do Consello da Cultura Galega.




Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Pasajes Libros ha recibido la ayuda a la modernización de las librerías de la Comunidad de Madrid correspondiente al ejercicio 2023 y 2024.

Pasajes Libros ha recibido la ayuda para la revalorización cultural y modernización de las librerías 2024, del Ministerio de Cultura, a través de la Dirección General del Libro, del Comic y de la Lectura.



Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.