Francisco Fernández del Riego. O legado silandeiro

Francisco Fernández del Riego. O legado silandeiro

Cajaraville Araújo, Héctor

Editorial Edicións Xerais
Fecha de edición diciembre 2022 · Edición nº 1

Idioma gallego

EAN 9788411102292
88 páginas
Libro Dimensiones 135 mm x 190 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  12,95 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

Francisco Fernández del Riego (1913-2010) foi o principal dinamizador do galeguismo cultural tras o abrupto corte que supuxeron a Guerra Civil e a posguerra.
Ademais de poñer en marcha todo tipo de proxectos encamiñados a recuperar a presenza do galego como lingua de cultura nunha sorte de segundo Rexurdimento , durante gran parte da súa longa vida foi o alicerce ao redor do que se artellou o traballo conxunto entre os intelectuais do exilio, os que permaneceron no país tras a contenda e as novas xeracións de galeguistas que van xurdindo malia o difícil contexto da ditadura franquista.
Entre as súas iniciativas salienta a de crear en 1963 o Día das Letras Galegas, unha data en que conmemorar e celebrar a lingua, a literatura e a cultura de noso.
Sesenta anos despois o propio don Paco é a figura homenaxeada nesta efeméride.

Biografía del autor

Héctor Cajaraville (Santiago de Compostela, 1974) estudou Xornalismo e actualmente é profesor de Lingua e Literatura galegas no ensino secundario. En 2015 gañou o Premio Xerais coa súa primeira novela, De remate , e foi finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil con Quen dá a quenda? (Xerais 2016). Nese mesmo ano, a súa obra A caixiña dos rancores (Vidas cruzadas) (Xerais 2016) recibiu o Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil da Deputación da Coruña; en 2016 gañou o Premio Ánxel Fole de Narración Curta do Concello de Lugo con Once portas (Xerais 2017) e o Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil con Denébola a Roxa . Coa súa novela Kusuma (Xerais 2018) obtén o Premio Merlín de Literatura Infantil 2018. É autor, ademais, das novelas O segredo da casa de Formoso (2017) e Nova Nursia (Xerais 2018), así como das biografías Antonio Fraguas. O bo mestre, o mestre bo , Ricardo Carvalho Calero. A pegada do compromiso e Florencio Delgado Gurriarán. Polas vieiros da saudade , publicadas na colección Merlín en 2019, 2020 e 2022 respectivamente. Noutras facetas, traduciu ao galego a novela O gardián invisible (Xerais 2013) de Dolores Redondo, participou na redacción do Dicionario Xerais de Secundaria e Bacharelato (2014) e publicou varios traballos académicos sobre lexicografía e linguaxe xornalística.




Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.