Floreano

Floreano

Gogue

Editorial Xerais De Galicia
Fecha de edición mayo 2017 · Edición nº 1

Idioma gallego

EAN 9788491212171
216 páginas
Libro encuadernado en tapa dura
Dimensiones 150 mm x 230 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  18,95 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

Este libro recolle catrocentas tiras das publicadas por Gogue en Faro de Vigo na súa sección Floreano organizadas en tres apartados: De mulleres, chiñas, rubias e varios , De curas, monseñores e eminensias e De tasas, viños e loureiros . Constitúe a primeira gran antoloxía dos personaxes creados polo humorista do Grove: Floreano, Monchiña, Epifanio, Cachiña, don Ramón o cura, Charito e Fly. Abre o volume o texto, Floreano, My Way , limiar de Alberto Avendaño, director de Tiempo Latino .

Floreano e mais eu cumprimos os 25 anos en paralelo, el nas páxinas do Faro de Vigo e eu nas rúas migratorias dos Estados Unidos. Eu creo na liberdade de expresión e Floreano é a expresión da liberdade. Floreano é paródico e saudoso, eu vivín a parodia en Galicia e vivo a saudade en Washington. Floreano, aínda que non o pareza, nunca fai comentarios de actualidade transcendental; limítase a doar os seus órganos vitais -cerebro, lingua e outras partes brandas- para o melloramento da humanidade. Eu nunca me atrevería a tanto. Floreano é un heroe accidental, un mártir despistado, un home sen segundas porque pensa que conduce un coche automático. Niso tamén somos diferentes. Floreano debe ser declarado Patrimonio Intanxible da Humanidade aínda que a el o que máis lle gusta é tocar. (...)
Se lle preguntas a Floreano como lle vai a vida, espétache: My Way! Se mo preguntas a min, eu dígoche: Do carallo! E cando Floreano e mais eu cantamos a dúo, con Sinatra na casete do dous cabalos gris, e chega aquilo de I did it my way!, nós os dous -que non falamos galego normativo- erguemos as cuncas de tinto ao ceo e aturuxamos en perfecta de-sintonía: Man-da-ca-ra-lloooooo!
Gracias, GOGUE. Thank you, Floreano.
Do limiar de Alberto Avendaño


Pasajes Libros SL ha recibido del Ministerio de cultura y deporte subvenciones para la revalorización cultural y modernización de las librerías.
Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.