Festina lente

Premio da crítica 2008-Premio Irmandade do libro"Mellor libro galego 09"

Festina lente

Calveiro, Marcos

Editorial Xerais De Galicia
Fecha de edición mayo 2008 · Edición nº 2

Idioma gallego

EAN 9788497827867
288 páginas
Libro encuadernado en tapa blanda
Dimensiones 150 mm x 220 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  19,95 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

Devagar, un carro baixa chirlando polo Preguntoiro ateigado de libros prohibidos e expurgados polo Santo Oficio. Estamos en Compostela no ano do Noso Señor de 1627 e este é o colofón do códice que, caderniño a caderniño, o encadernador Ambrosio Cavaleiro coseu na soidade do seu obradoiro da rúa da Armada dende que era un aprendiz canda o seu mestre. As campás, tristeiras, repenican a defunto, o vento zoa nas rúas e esparexe o capítulos todos da súa existencia. As páxinas de pergamiño, como faíscas, danzan sobre os tellados e os campanarios furtando á voraz desmemoria as lembranzas fuxidías, os acenos, mecos e rostros dunha vida. O coñecemento, como a pedra gravada polos arxinas a cicel e maceta dende a noite dos tempos, permanece no alento dunha idade incerta asolagada polo silandeiro andazo da intolerancia. Festina lente é a primeira novela para público adulto de Marcos S. Calveiro, unha das maiores descubertas da narrativa galega recente. Novela histórica, ambientada na Compostela do século dezasete, escrita con enorme alento e prosa inusualmente depurada, propón ao lector unha intrigante viaxe polo mundo dos libros e o coñecemento nun tempo de intolerancia.

Biografía del autor

Marcos Calveiro (Vilagarcía, 1968), neto de feirantes taberneiros é licenciado en dereito. Deuse a coñecer como narrador coas novelas xuvenís "Sari soñador de mares" (2006) e "Rinocerontes e quimeras" (2007). En 2007 recibiu o XVIIIº Premio Ala Delta de Literatura Infantil por "O carteiro de Bagdad", novela editada en galego e castelán, que logo recibiría o Premio White Ravens en 2008. Despois, mereceu o Premio Barco de Vapor de Literatura Infantil 2008 por "O canto dos peixes" (2008), o Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil 2009 e Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro Xuvenil, 2010 pola novela "O pintor do sombreiro de malvas" (Xerais 2010) e o Premio Merlín de Literatura Infantil 2012 por "Palabras de auga" (Xerais 2012). Na colección Sopa de Libros publicou "Unha casiña branca" (Xerais, 2015). En 2011 publicou "Lois Pereiro. Náufrago do paraíso" (Xerais 2011) e "Centauros do norte" (2011) polo que obtivo o Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil 2010. Tamén é autor da tetraloxía "El samurai del rey" (2010-2011). A meirande parte da súa obra está traducida ao castelán e catalán. En Xerais Narrativa leva publicadas dúas novelas: "Festina lente" (2008) Premio da Crítica 2008 (narrativa), Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro de Narrativa adultos, Autor do ano 2008 e Premio Irmandade do Libro ao Mellor Libro Galego do Ano 2009 e "Setteccento" (2010). Na colección Fóra de xogo tamén ten publicadas as novelas "Todos somos" (Xerais 2013), "As palabras poden matar" (Xerais 2015) e "Todos fomos" (Xerais 2021). Como poeta publicou "Cartas do terceiro día" (2007), VIIº Premio de Poesía Concello de Carral. Mantén aberto o blog Alfaias http://alfaias.blogaliza.org e o perfil en twitter calveiro





Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.