Feministas galegas

Claves dunha revolución en marcha

Feministas galegas

Bar Cendón, Mónica

Editorial Xerais De Galicia
Fecha de edición febrero 2010

Idioma gallego

EAN 9788499140797
392 páginas
Libro encuadernado en tapa blanda
Dimensiones 170 mm x 245 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  25,95 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

Feministas galegas. Claves dunha revoluciónen marcha de Mónica Bar Cendón pretende mostrar o papel do feminismo na consolidación democrática e como se foron filtrando os seus postulados ata formar parte dos asuntos de Estado na actualidade. Tanto as feministas da transición, herdeiras da revolución cultural do 68 e dispostas a darlles a volta ás súas vidas en defensa da coherencia ideolóxica, como as dos anos 2000 decataríanse de que facerse feminista implicaba chocar cun mundo remiso aos cambios e ao relevo no poder. O cuestionamento da vida das feministas comezaba co propio corpo e debía tirar abaixo a primeira estrutura represiva para a muller: a familia e as cadeas conxugais. Implicaba desvincularse do mundo íntimo, sentimental, para abrirse camiño ao público, ao da razón, ao da xustiza, seguindo como un grito de guerra o lema da norteamericana Kate Millett: o privado é político . Incomprensiblemente negado, o movemento feminista propiciou probablemente os cambios sociais máis profundos levados a cabo durante a transición política. A determinación das feministas de tomar por xustiza o mundo público masculino desencadeou unha fonda batalla interna e externa que conseguiu deixar sinal. Nesta obra coral, Mónica Bar dálles a voz ás protagonistas da historia e abre canles polas que poidan discorrer novas investigacións e reflexións sobre o feminismo, imprescindible para a sociedade contemporánea.



Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.