Editorial Xerais De Galicia
Colección Obras De Referencia - Xerais Universitaria, Número 0
Fecha de edición marzo 2013 · Edición nº 1
Idioma gallego
EAN 9788499145006
296 páginas
Libro
Dimensiones 175 mm x 240 mm
Feminismos, de Olga Castro e María Reimóndez, é unha guía de viaxe a través da cartografía dos feminismos que responde á rica biodiversidade real dos feminismos no mundo e tamén en Galicia. Con vontade divulgativa, este libro dá conta do movemento social que máis cambiou as estruturas sociais para mellorar a vida das persoas, producindo a teoría e a práctica máis plural e transformadora.
Desde ese espírito enciclopédico que se dirixe a un amplo público non especialista, Feminismos presenta as achegas e os logros dos movementos feministas na mellora das sociedades en todo o mundo.
En palabras da autora do limiar, Belén Martín Lucas, da man de Castro e Reimóndez coñecemos o traballo dos colectivos de mulleres, pensadoras e artistas, desde Galicia a Xapón, pasando polas repúblicas da antiga Unión Soviética, China, India ou África subsahariana, por mencionar algunhas das áreas incluídas. Este mapa dos feminismos na xeografía e a historia pon de manifesto a gran diversidade de estratexias contra a discriminación por xénero desenvolvidas en contextos culturais, políticos e sociais concretos .
Poñendo de manifesto a mención especial que merece a sección dedicada aos feminismos en Galicia, a profesora Belén Martín Lucas conclúe asegurando que as reflexións de Castro e Reimóndez convídannos a examinar o noso etnocentrismo para decatármonos das contribucións coas que as activistas e pensadoras doutras culturas melloran o noso mundo, á vez que tamén poñen en valor as teorías e prácticas feministas xeralmente excluídas dos manuais do feminismo, as cales tenden a limitarse ao occidental (europeo e norteamericano case sen excepción) .
x{0026}lt;p x{0026}lt;b María Reimóndezx{0026}lt;/p x{0026}lt;/b (Lugo, 1975) publicó su primera obra hace veinte años, el poemario x{0026}lt;em Moda Galegax{0026}lt;/em (Positivas, 2002). A partir de entonces ha cultivado todos los géneros literarios, desde la narrativa adulta hasta la infantil y juvenil, pasando por el ensayo y el teatro.x{0026}lt;/p x{0026}lt;p Su obra parte de una inquieta visión feminista interesada por la construcción del poder y por la revolución de las formas narrativas que le ha granjeado algunos de los más importantes galardones literarios de Galicia, entre ellos el Premio Xerais de Novela en 2014 por x{0026}lt;em Dende o conflitox{0026}lt;/em (Xerais, 2014) o el Premio Frei Martín Sarmiento de Literatura Infantil en dos ocasiones.x{0026}lt;/p x{0026}lt;p Reimóndez es doctora en Traducción e Interpretación especializada en enfoques feministas y decoloniales, hegemonía lingüística, ideología y poder.x{0026}lt;/p
|