Falemos de caricatura

Falemos de caricatura

Ferrone, Siro

Editorial Xerais De Galicia
Colección Edición Literaria - Librox, Número 0
Fecha de edición marzo 2018 · Edición nº 1

Idioma gallego

EAN 9788491213253
120 páginas
Libro encuadernado en tapa blanda
Dimensiones 175 mm x 245 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  13,95 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

Siro é o pai da caricatura na prensa galega despois da Guerra Civil e o caricaturista político galego por excelencia dos últimos cincuenta anos. Aos milleiros de caricaturas que ten publicado en xornais e revistas cómpre engadir o seu labor teórico sobre a caricatura en estudos monográficos como " A caricatura como arte " , publicado na revista " Grial " xa na temperá data de 1974; no libriño didáctico " Como debuxar caricaturas " (1991); ou de forma dispersa en moitas das súas publicacións, especialmente nos libros " Castelao humorista " (1996) e " Castelao en el arte europeo " (2016). Agora, nesta entrevista de Félix Caballero, verte o seu saber práctico e teórico sobre o asunto, abordando con sistematicidade todos os aspectos esenciais, dun xeito sinxelo, claro, directo e didáctico. Unha boa oportunidade para nos achegar á maxia da caricatura da man dun dos seus mestres.

Biografía del autor

Siro López Lorenzo (Ferrol, 1943) é xornalista e humorista gráfico. No ano 1970 publicou os primeiros debuxos de humor na revista Chan, que dirixía Borobó. Desde entón colaborou en " Ferrol Diario " , " El Ideal Gallego " , " La Región " , " El Norte de Galicia " , " Diario 16 " e " Diario de León " . De 1985 e até maio de 2006 pertenceu á redacción de " La Voz de Galicia " , xornal no que tratou diariamente a caricatura da vida política galega. Investigador do humor gráfico e da caricatura en Galicia, é autor de ensaios como " A caricatura como arte " (1974); " Castelao: debuxante-humorista " (1975); " Simplicissimus, Gulbransson e Castelao " (1979); " Bagaría, mestre da caricatura modernista " ; " Antecedentes históricos da caricatura e o debuxo de humor " ; " O caricaturista Xosé María Cao " (1993); " Castelao humorista " (1996) e " Castelao en el Arte Europeo " (2016). Publicou numerosos álbumes, entre os que destacan Humor 71 (1971), Probes Homes (19759, Os pecados capitaes (1977), Homes e mulleres (1980), 18 espidos de muller (1983), Debuxos de humor (1985), In saecula saeculorun amén (1986), Cofrades do cristo da autonomía (1988), Xente na brétema (1988), ¡Ozú la ezpo! (1992), 16 anos de Parlamento Galego (1998), Siro 30 anos despois (2000), etc. Ilustrou numerosos libros e recibiu premios como a Vieira do Humor Gráfico (1982), Fernández Latorre (1986), Xornalismo e Comunicación da Xunta de Galicia (1991 e 19969, Medalla de Galicia (1997) e Álvaro Cunqueiro de textos teatrais por Hai que confiar na esperanza (Xerais 2004). É autor do proxecto da Praza do Humor da Coruña. Dende a súa xubilación dedícase á pintura e á literatura.




Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.