Etceteramente

Etceteramente

Toro, Xelis de

Editorial Edicións Xerais
Fecha de edición noviembre 2022 · Edición nº 1

Idioma gallego

EAN 9788411102278
496 páginas
Libro Dimensiones 155 mm x 230 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  24,50 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

Páxinas en branco, capítulos que faltan, unha lectora que se rebela, un escritor ansioso por escribir unha obra sublime, un periplo polo trasmundo interior, rebeldes contra a especulación urbanística e revolucionarios á busca do escritor, cartas a un escritor morto, a directora dunha editorial a quen non lle dan as contas, un pauto co demo, unha seita literaria que se rexe polo libro De catro a catro ...
Etceteramente é un disparate absoluto: indescritible, indefinible, inexplicable, imperdoable...
Unha homenaxe ao poder creativo da literatura.
Estamos ante un cóctel literario de preguntas: quen escribe?, quen le?, para que?, como?, que? Etceteramente é un artefacto inacabado que nunca terá un punto final porque continuará noutros libros escritos por outras escritoras e escritores e outras lectoras e lectores.
Mais tamén encarna unha tristura e unha esperanza, a tristura dos solitarios que nos refuxiamos na literatura en busca dun acougo e a esperanza de que a literatura nos provexa dun fogar: un espazo de dúbida e contradición, de crítica, de reflexión, de rebeldía contra nada, de espellos rotos, unha ventá ao mundo...
Un fogar de portas abertas.

Biografía del autor

Xelís de Toro (1962, Santiago de Compostela). Publicou os seguintes libros de narrativa: Seis cordas e un corazón , 1989 (co pseudónimo de Roque Morteiro, Xerais 1990), novela, Premio Compostela Cultural; Non hai misericordia (1990, Xerais 2003), relatos, Premio Narrativa Cidade de Lugo; Terminal (1994); Os saltimbanquis no paraíso (1999), novela, Premio San Clemente 2000; The Corunna boats (Xerais 2004), novela; Riofero (Xerais 2009), novela; Etceteramente (Xerais 2022), novela; O gato fantasma (Xerais 2013), novela infantil; A porta dourada (Xerais 2018), novela infantil, e Paco Peco pequeneiro e o lagarteiro miope (Xerais 2021), conto infantil. Mantén na rede o espazo http://laboratoro.net/




Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.