Erros e Tánatos

Premio Literario Arcebispo San Clemente 1998

Erros e Tánatos

Navaza, Gonzalo

Editorial Xerais De Galicia
Fecha de edición abril 2003 · Edición nº 17

Idioma gallego

EAN 9788483029930
128 páginas
Libro Dimensiones 150 mm x 220 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  19,50 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

Erros e Tánatos componse dun conxunto de dez relatos nos que Gonzalo Navaza demostra unha gran soltura no manexo das técnicas narrativas a partir dunha prosa breve, limpa, directa, chea de sentidodo humor, que sorprende ao lector coa súa capacidade para ironizar, para crear intriga e para sorprender. Erros e Tánatos é un libro magnífico que, con moita claridade narrativa, atrapa ao lector coas súas boas historias, historias e aconementos que se suceden medrando e creando unha grande tensión narrativa que remata nun final sorprendente, un final que explora os territorios do Tánatos por culpa dos Erros do azar. Partindo dunha forma clásica de narrar, Gonzalo Navaza escribiu un libro que divirte, que seduce; é o libro dun narrador eficiente que, sen lugar a dúbidas, constrúe unha obra notable. A presente edición, ofrecida en novo formato e aparencia, revisada polo autor e décima dende a súa aparición en 1996, converte a este monllo de relatos de Gonzalo Navaza nun dos clásicos da narrativa galega contemporánea.

Biografía del autor

Gonzalo Navaza (Lalín, 1957). Doutor en Filoloxía. Profesor da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. Lexicógrafo e especialista en toponimia e antroponimia, coordinou a área de dicionarios de Edicións Xerais de Galicia. Realizou a edición crítica de Longa noite de pedra , de Celso Emilio Ferreiro (Xerais 1990). Ten publicados os poemarios: Fábrica íntima (1991), Premio Eusebio Lorenzo Baleirón 1989 e Premio da Crítica Española 1992; A torre da derrota (Xerais 1992); e Libra (2000), Premio Martín Codax 2000. Como tradutor verteu para o galego obras de Jack London, Georges Perec, Robert Graves e Baudelaire. Recibiu o Premio Ramón Cabanillas de tradución literaria (1989) pola súa versión para o galego de O can dos Baskerville de Conan Doyle (Xerais 1988). Como narrador publicou Erros e Tánatos (Xerais 1996), Elucidario (Xerais 1999) e Santos e defuntos (Xerais 2001). Para o público infantil, publicou Fábulas contadas (Xerais 2020).





Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.