Endogamia 0.2

Endogamia 0.2

Caride Ogando, Ramón

Editorial Xerais De Galicia
Colección Infantil E Xuvenil - Fóra De Xogo, Número 0
Fecha de edición mayo 2013 · Edición nº 1

Idioma gallego

EAN 9788499144948
112 páginas
Libro Dimensiones 210 mm x 130 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  12,95 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

Nas súas vacacións en Bangladesh, o xornalista audiovisual Eduardo Morán conseguiu facerse coas impactantes imaxes do suplicio ao que foi sometida unha rapaza de catorce anos condenada por un tribunal local islámico. Tras o terremoto e o accidente da central nuclear, que provocou centos de mortos, no pavillón de Ivate amoréanse un millar de refuxiados que intentan protexerse dos efectos do escape radioactivo. Des que Gustavo foi diagnosticado de deterioración neuronal progresiva , a súa dona, Carme, e o resto da súa familia viven en vilo. U-los remedios contra o mal de Alzheimer?
Como xa fixera en Exogamia 0.3, Ramón Caride reúne relatos, non estritamente literarios, sobre problemas decisivos para a humanidade ante os que ninguén pode quedar alleo: a violencia sobre as mulleres, a enerxía nuclear, a doenza do Alzheimer e a investigación médico-farmacéutica.

Biografía del autor

Ramón Caride (Cea, Ourense, 1957) é autor dunha extensa obra literaria. Desde o poemario "Paisaxe de verde chuvia" (1986) publicou ducias de títulos de moi variados xéneros. A súa narrativa conta con obras tan destacadas como "Soños eléctricos" (Xerais, 1992), Premio Blanco-Amor; "Sarou" (Premio Café Dublín 1997), recollida no volume recompilatorio "Sarou / Louzós" (Xerais, 2012); "O frío azul" (Premio Lueiro Rey 2007, Premio Templis 2012 na versión española); "O sangue dos camiños" (Xerais, 2014), Premio Risco de Literatura Fantástica; ou os libros de relatos "Flash-Black 13" (2014), "Exogamia 0.3" (Xerais, 2011), "Endogamia 0.2" (Xerais, 2013), Singamia 1.1 (Xeraos, 2019), "Dedre" (Xerais, 2004) ou "Liquidación de existencias" (Xerais 2016). O volume antolóxico "As máscaras de Cronos" (Xerais, 2006), "A chuvia humana" (2011), e "Criptografías" (2009) son as súas últimas entregas poéticas. Na súa produción xuvenil destaca a serie das aventuras de Said e Sheila (Xerais), ilustrada por Miguelanxo Prado, moi reeditada e traducida a distintos idiomas: "Perigo Vexetal" (Premio Merlín 1995), "Ameaza na Antártida" (1997), "O futuro roubado" (1999), "A negrura do mar" (2006), Premio Frei Martín Sarmiento 2006 e "O camiño da Estadea" (Xerais 2016). Dentro da súa produción infantil publicou en Xerais, "Andanzas de Xan Farrapeiro" (2009), "A pomba dona Paz" (2012), "Catro amigos pillabáns" (2012), "O capitán Aspanitas e o misterio das Burgas" (2013), "As viaxes de Ruki" (2014) e "Sara ten un segredo" (2018).





Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.