Douche a miña palabra

Douche a miña palabra

Alonso, Fran

Editorial Xerais De Galicia
Colección Infantil E Xuvenil - Sopa De Libros - De 10 Anos, Número 0
Fecha de edición mayo 2021 · Edición nº 1

Idioma gallego

EAN 9788491218869
128 páginas
Libro Dimensiones 130 mm x 200 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  11,95 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

Como se chega a ser escritora ou escritor? Por que se escribe? Pódese vivir sen ler? Pódese aprender a pensar a través da lectura? As palabras poden proer, picar, denunciar as inxustizas, resultar molestas e incómodas.
Tamén poden facernos reaccionar.
Os escritores e escritoras pelexan coas palabras, míranlles as patiñas nun microscopio e constrúen historias.
Cunha linguaxe comprensible e chea de anécdotas, Fran Alonso cóntanos neste libro inusual cousas sobre a escrita, a literatura ou a lingua e convídanos a reflexionar sobre o superpoder da lectura e a importancia de sentir a chamada das palabras.

Biografía del autor

Fran Alonso (Vigo, 1963) comezou a súa traxectoria como escritor ao gañar o Premio Blanco Amor de Novela en 1991 con Tráiler (Xerais). Desde entón publicou novelas, libros de relatos, poesía, literatura infantil, xuvenil e libros de xornalismo. A súa obra está guiada sempre por unha actitude innovadora. En 1994 publicou o libro de relatos Cemiterio de elefantes (Xerais, 1994) e logo viñeron a novela Silencio (1995-Xerais, 2014), O brillo dos elefantes (Xerais, 1999), Males de cabeza (Xerais, 2001), Cartas de amor (Xerais, 2006), Ninguén (Xerais, 2011) e A punta de pistola (Xerais 2012), que foi XII Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia, así como as biografías A vida secreta de María Mariño (Xerais, 2007), Folerpas de Novoneyra (Xerais, 2010) e A voz que vén da seitura (libro-CD, 2007). No ámbito do xornalismo, publicou os libros Territorio ocupado (Xerais, 1998), Un país a medio facer (Xerais, 2008) e Contesta ou disparo (e-book, 2011). A súa obra poética deuse a coñecer coa publicación, en 1992, de Persianas, pedramol e outros nervios (1992), ao que seguiron Tortillas para os obreiros (1996), Cidades (Xerais, 1997), Subversións (Xerais, 2001), Balada solitaria (2004), O meu gato é un poeta (libro-CD, Xerais, 2011), Poemas birollos para ler cos ollos (Xerais, 2016), Terraza (Xerais, 2017), e Transición (libro-CD, 2011). Tamén é autor da coñecida antoloxía Poetízate (Xerais, 2006), que se converteu nun best-seller, e dos álbums ilustrados A casa da duna (Xerais, 2002) e A araña e mais eu (2009). En 2021 publica o ensaio para lectorado infantil e xuvenil Douche a miña palabra (Xerais, 2021). Así mesmo é colaborador de diversos medios de comunicación, activista a favor da lectura, realizou o deseño e ilustracións dalgúns dos seus libros e leva a cabo diversos espectáculos poéticos. A súa obra está traducida a varias linguas.





Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.