Do G ao Z

Dicionario indignado e humoristico

Do G ao Z

Veiga Taboada, Manuel

Editorial Xerais De Galicia
Fecha de edición octubre 2012 · Edición nº 1

Idioma gallego

EAN 9788499144481
72 páginas
Libro Dimensiones 130 mm x 200 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  8,50 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

Do G ao Z, de Manuel Veiga, é un dicionario humorístico e indignado que comeza pola letra G e no que se van definindo, con moita retranca, palabras que teñen que ver coa actualidade, coa política, coa cultura e coa historia, sempre cun enorme sentido de humor. Como especifica o seu autor no limiar, o de dicionario é oportuno porque alude, de forma implícita, a textos breves e variados, a un libro que se pode comezar a ler por calquera parte, que se pode pousar e abandonar para volver comezalo noutro momento calquera, incluso un ano ou dous máis tarde, pois non é preciso recordar a trama nin o nome dos personaxes . Galicia, a Guerra Civil, o humor, a humildade, intelectual, Lenin, libraría, Manuel Fraga, misoxinia, O amante de Lady Chaterley, a política, a publicidade, o Quixote, o racismo, ravachol, Santiago, travestí, Vigo, watergate ou Zapatero son algunhas das palabras definidas neste dicionario agudo, divertido, desenfadado e indignado co que Manuel Veiga pon o dedo na chaga da sociedade actual.

Biografía del autor

Manuel Veiga Taboada (Monforte de Lemos, 1960) é doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía e licenciado en Ciencias da Información. En 1983 entrou a formar parte da redacción do semanario A Nosa Terra , periódico que dirixiu entre 2007 e 2010. No ano 2004 gañou o premio Xerais coa novela O exiliado e a primavera e, en 2006, o Manuel García Barros con Lois e Helena buscándose un día de tormenta . Outras obras súas son O profesor de vegliota , novela (Xerais, 2008), Do G ao Z. Dicionario indignado e humorístico (Xerais, 2012) , O pacto galego na construción de España , Manuel María, buscando un país (Xerais, 2016), Todo ser humano é un río (Xerais, 2016), A parte queimada. Stalin x{0026}amp; Robespierre e As mellores tendas de Madrid (Xerais, 2021). Colabora en Nós Diario e no blog Biosbardia . <br> (Foto do autor: Antonio Gutiérrez)





Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.