Editorial Xerais De Galicia
Fecha de edición octubre 2009
Idioma gallego
EAN 9788499140605
224 páginas
Libro
encuadernado en tapa blanda
Dimensiones 145 mm x 220 mm
A policía de Oregón atopa unha parella de cadáveres no interior dunha nave industrial abandonada. O home negro está axeonllado no chan colocando as últimas novidades en primeira liña da manta. Nelson, o grafiteiro, preparou nun muro da marxe esquerda do río unha versión manga do retrato de Laura, a moza que practica tres horas semanais de kung-fu. Ánxela confésalle a Marga que non quere nada que lle recorde a Xaime, desexa que desapareza da súa cabeza, matar os seus recordos. O taxista sorpréndese cando le o texto que os dous homes sen teito escribiron no seu cartón: o rumor da melancolía é o son dunha orquestra ao lonxe. Dime algo sucio de Diego Ameixeiras é unha novela de intriga que pretende desvelar o misterio que une as vidas cruzadas de persoas moi diversas, que buscan atopar un anaco de esperanza nalgunha das fendas da cidade cero. Escrita cunha prosa áxil e directa, amosando unha eficacia narrativa extraordinaria, esta cuarta novela confirma a madurez literaria de Diego Ameixeiras, un dos autores máis orixinais e valiosos da narrativa galega do século XXI.
Diego Ameixeiras (Lausanne, Suíza, 1976), escritor e xornalista. Escribe en La Voz de Galicia e O Salto . Publicou en Xerais todas as súas novelas: Baixo mínimos (2004); O cidadán do mes (2006); Tres segundos de memoria , Premio Xerais de Novela (2006); Dime algo sucio (2009), Premio Especial da Dirección da Semana Negra de Xixón; Asasinato no Consello Nacional (2010), Premio Irmandade do Libro ao Mellor Libro do Ano; Historias de Oregón (2011), Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia ; Todo OK (2012); Matarte lentamente (2013); Conduce rápido (2014), Premio Losada Diéguez de Creación Literaria 2015, finalista Premio Hammett 2017; A noite enriba (2015), A crueldade de abril (2018) e O cervo e a sombra (2021), Premio Nacional da Crítica, Premio Follas Novas, Premio Pata Negra-Domingo Villar e finalista do Premio Hammett. Os Suicidantes (2023) é a súa primeira novela gráfica como guionista. Fotografía do autor: Sara Antelo.
|