Editorial Xerais De Galicia
	
					
					
						Colección Edición Literaria - Narrativa, Número 381
					
					
					
					
					
					
					
						Fecha de edición  octubre 2015  · Edición nº 1
					
					
					
						
						
							
						Idioma gallego
							
							
							
						
						
						
						
						
						
						
						
						
					
			    	EAN 9788499149318
					
						
						216 páginas
					
					
					
						
					
						Libro
						
							encuadernado en tapa blanda
						
						
						
						
					
					
					
						
					
					
					
								
					
						Dimensiones 150 mm x 220 mm
					
					
						
De remate é unha novela tremendamente singular no xeito de narrar. Está construída fragmentariamente a través das columnas de opinión do seu protagonista, o xornalista Bieito Sanmarful, complementadas con textos pertencentes ao seu diario íntimo e outros materiais de diversa procedencia: correos electrónicos, anotacións en blogs, poemas, documentos oficiais... 
A través das páxinas desta novela non asistimos só ao retrato sociolóxico da Galicia que habitamos, senón que tamén imos descubrindo a propia vida e o itinerario persoal do protagonista, aflixido por unha doenza coa que se ve obrigado a convivir e que combate con humor, ironía e estoicismo. 
Coa lectura dos seus textos imos descubrindo un Bieito Sanmarful que se mostra, nos últimos anos de súa vida, como unha persoa fráxil e dependente, autoesixente, que nos achega a súa visión nada dogmática sobre o mundo e as persoas que o rodean, a través dunha reflexión permanente sobre si mesmo. 
Estamos ante un relato de estrutura poliédrica no que se artella un calidoscopio literario do país e dos seus habitantes valéndose dunha amálgama de estilos metaliterarios cos que o propio autor comparte protagonismos. 
De remate é unha novela entretida, divertida, ben escrita, que recrea con acerto e moita habilidade diferentes rexistros lingüísticos, incluídas diversas variantes dialectais que axudan a retratar os personaxes; unha novela sólida, moderna, que convence, que engancha e que nos fai redescubrir o gusto pola palabra.
Héctor Cajaraville (Santiago de Compostela, 1974) estudou Xornalismo e actualmente é profesor de Lingua e Literatura galegas no ensino secundario. En 2015 gañou o Premio Xerais coa súa primeira novela, De remate , e foi finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil con Quen dá a quenda? (Xerais 2016). Nese mesmo ano, a súa obra A caixiña dos rancores (Vidas cruzadas) (Xerais 2016) recibiu o Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil da Deputación da Coruña; en 2016 gañou o Premio Ánxel Fole de Narración Curta do Concello de Lugo con Once portas (Xerais 2017) e o Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil con Denébola a Roxa . Coa súa novela Kusuma (Xerais 2018) obtén o Premio Merlín de Literatura Infantil 2018. É autor, ademais, das novelas O segredo da casa de Formoso (2017) e Nova Nursia (Xerais 2018), así como das biografías Antonio Fraguas. O bo mestre, o mestre bo , Ricardo Carvalho Calero. A pegada do compromiso e Florencio Delgado Gurriarán. Polas vieiros da saudade , publicadas na colección Merlín en 2019, 2020 e 2022 respectivamente. Noutras facetas, traduciu ao galego a novela O gardián invisible (Xerais 2013) de Dolores Redondo, participou na redacción do Dicionario Xerais de Secundaria e Bacharelato (2014) e publicou varios traballos académicos sobre lexicografía e linguaxe xornalística.
			
  | 
        ||||||