De catro a catro

De catro a catro

Manuel, Antonio

Editorial Edicións Xerais
Fecha de edición noviembre 2022 · Edición nº 1

Idioma gallego

EAN 9788411102261
88 páginas
Libro Dimensiones 145 mm x 220 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  9,95 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

Publicado en 1928, De catro a catro , de Manuel Antonio, é un dos libros máis abraiantes da literatura galega e converteu o seu autor nun referente ineludible das vangardas europeas.
Manuel Antonio asumiu a vangarda como a única posibilidade de escribir poesía no seu tempo e, en palabras de X.
L.
Méndez Ferrín, humaniza os seus poemas a partir dunha profunda vivencia do mar, da soidade individual e dos obxectos .
Xerais publica De catro a catro na colección de Poesía desde o limiar de Ismael Ramos, que deita unha mirada fresca e profunda dun libro imperecedoiro.

Biografía del autor

Manuel Antonio (Manuel Antonio Pérez Sánchez) (Rianxo, 1900-1930), orfo de pai desde os catro anos, pasou a maior parte da súa infancia en Iria Flavia e Padrón. Estudiou o Bacharelato en Compostela, onde entrou en contacto co republicanismo e iniciou a súa militancia galeguista. Na mesma cidade comezaría a carreira de Filosofía e Letras, que abandonou para seguir os estudios de piloto na Escola Náutica de Vigo. Desde moi novo, a política formou parte das súas inquedanzas. Tras entrar en contacto cos movementos agraristas de loita anticaciquil, toma consciencia da realidade do país e asume un nacionalismo apaixonado. Despois de ler a vangarda europea e de coñecer o saudosismo portugués e mais o ahikú xaponés, guiado por Risco, en xuño de 1922 asinaba, xunto co artista plástico Álvaro Cebreiro, o manifesto ¡Máis alá!. Nel propugnaban o uso exclusivo do galego e a independencia da nosa literatura a respecto da española, rexeitando igualmente o estancamento da produción máis recente na tradición decimonónica. O manifesto, dirixido fundamentalmente á mocidade intelectual e que quería servir de auténtico revulsivo para o sector máis conservador do galeguismo, non chegou a desencadear a polémica que os autores desexaban. É o poeta vangardista máis orixinal da literatura galega, cun único libro publicado en vida, ''De catro a catro. Follas d'un diario d'abordo'' (1928, Xerais 1989), que tardaría moitos anos en deixar pegadas noutras xeracións literarias. En 1972, García Sabell deu a coñecer o resto da produción poética de Manuel Antonio: Con anacos do meu interior, Foulas, Sempre e mais dispois e mais Viladomar.




Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.