Cuspirei sobre as vosas tumbas

Cuspirei sobre as vosas tumbas

Vian, Boris

Editorial Faktoría K De Libros
Fecha de edición enero 2007

Idioma gallego
Traducción de Gippini, David

EAN 9788496957084
146 páginas
Libro encuadernado en tapa blanda
Dimensiones 14 mm x 21 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  13,00 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

Ninguén me coñecía en Buckton. Clem elixira a cidade por iso; e, de todos os xeitos, mesmo se me acovardaba, non me quedaba gasolina dabondo para continuar cara ao norte. Cinco litros escasos. Xunto co meu dólar e a carta de Clem, todo o que tiña. Da miña maleta, mellor nin falar. Total, para o que había dentro. Esquecíao: tiña tamén no cofre do coche o pequeno revólver do rapaz, un triste 6,35 de ocasión; aínda o levaba no peto cando o shériff veu dicirnos que levaramos o corpo á casa para enterralo.
O relato da cruel vinganza contra unha sociedade opresora, excluínte e marxinadora cos individuos doutras razas, aos que considera inferiores. Seguindo un plan premeditado, o protagonista participará en orxías onde o sexo e a violencia son a reacción de rebeldía ás convencións morais da época.
Boris Vian escribiu J'irai cracher sur vos tombes , novela sórdida, provocadora e desafiante, debedora da novela negra, en 1943. A súa publicación, baixo pseudónimo, estivo marcada polo escándalo que aínda hoxe acompaña a súa lectura, non recomendada para menores de 18 anos.
De ritmo áxil, linguaxe suxerente e directa, a intriga e a dureza do relato atrapan a atención dos lectores e lectoras, que verá posta a proba a súa sensibilidade en cada páxina. Saltándose todos os límites do politicamente correcto, esta historia dunha vinganza aporta unha visión diferente e mordaz sobre o fenómeno do racismo, ao tempo que rezuma a rabia, o odio e a carraxe das súas víctimas.
BORIS VIAN (Ville D'Avray, París, 1920-1959)
Novelista e dramaturgo. Licenciouse como enxeñeiro industrial en 1943. Foi un gran afeccionado ao jazz e codeouse con intelectuais da talla de Jean Paul Sartre ou Albert Camus. Moitas das súas obras levaban pseudónimos como Bison Ravi, Hugo Hachebuisson ou Vernon Sullivan, nome co que asinou Cuspirei sobre as vosas tumbas . Deste título fíxose unha adaptación teatral, e en 1959 seguiulle unha versión cinematográfica. Morreu dun paro cardiaco, aos 39 anos, sentado na butaca do cine onde se preestreaba a película, segundo a lenda que acompaña a vida de Vian, nome co que en 1997 chegaron a bautizar un asteroide. Foi autor doutros títulos, como Todos os mortos teñen a mesma pel , Que morran os feos , A merenda dos xenerales , O outono en Pekín ou A escuma dos días .

Biografía del autor

Boris Vian (1920-1959) es uno de los autores más originales, libres e inclasificables de la literatura francesa. Sus aficiones se extendieron también al teatro y a la música, en especial al jazz. Otras obras del autor en Alianza Editorial son Con las mujeres no hay manera y Las hormigas.





Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.