Editorial Xerais De Galicia
Fecha de edición diciembre 1998
Idioma gallego
Traducción de Rodríguez Baixeras, Xavier
EAN 9788483023211
240 páginas
Libro
encuadernado en tapa dura
Dimensiones 305 mm x 235 mm
Este fermoso libro de agasallo inclúe os mellores contos dos irmáns Grimm, traducidos para o galego por Xabier R. Baixeras e ilustrados por algúns dos máis destacados ilustradores do estado. Esta dobre antoloxía vén precedida dunha introducción de Gustavo Martín Garzo, suxestivamente titulada Teoría do final feliz e remata cun emotivo Lembranzas dos irmáns Grimm , escrito por Herman Grimm, fillo de Wilhelm e sobriño de Jacob. Javier Serrano realizou a ilustración da cuberta, que reune os irmáns Grimm con tódolos seus personaxes. Miguelanxo Prado ilustrou o primeiro dos contos, O lobo e os sete cabritos e Os músicos de Bremen . Fino Lorenzo, o outro representante galego nesta antoloxía da ilustración, encargouse de Nabiña e Os mensaxeiros da morte . Silvia Blanco de O fiel Xoán e Os mensaxeiros da morte . Tino Gatagán de Hänsel e Gretel e Brancaneves . Javier Zabala de O pescador e a súa muller e A viaxe de Polgariño . Pablo Díaz de O xastriño valente e Brancaneves e Rosavermella . Miguel Calatayud de A Cincenta e O paxaro de ouro . Jesús Gabán de Carapuchiña Vermella e A Bela Dormente . Federico Delicado de Os seis cisnes e A raíña das abellas . Por último, María Jesús Santos de Polgariño e A laverca cantareira e saltareira . Cada un dos contos recolle tres ilustracións, unha a toda páxina, e outra de entrada e saída do texto. A edición moi coidada, a magnífica traducción, a encadernación en cartoné, o grande formato, o acabado en plastificado mate, e o prezo moi axustado fan deste volume un estupendo agasallo para o Nadal.
Jacob y Wilhelm Grimm (Hanau, Alemania, 1785-1863 / 1786-1859). Filólogos de formación y estudiosos del folclore. Fueron profesores universitarios en Kassel, en Gotinga y en la Universidad Humboldt de Berlín. Recorrieron su país hablando con los campesinos, con las vendedoras de los mercados, con los leñadores y recogiendo historias de los lugareños, además de estudiar la lengua y el antiguo folclore de la región. Fruto de este trabajo son sus cuentos, entre los que destacan Hansel y Gretel, Blancanieves, etc., que recopilaron con el título de Cuentos de hadas de los hermanos Grimm.
|