Conta saldada

Conta saldada

Toro, Suso de

Editorial Xerais De Galicia
Colección Infantil E Xuvenil - Fóra De Xogo, Número 0
Fecha de edición junio 2017 · Edición nº 1

Idioma gallego

EAN 9788491212409
208 páginas
Libro encuadernado en tapa blanda
Dimensiones 130 mm x 210 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  12,95 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

Catuxa fala co fantasma do seu pai despois de que morrera no despacho da súa xestoría, probablemente asasinado por un cliente violento que se dedicaba ao narcotráfico. O fantasma encárgalle que lle entregue a Xermán, de quen lle di que é o seu medio irmán e do que Catuxa nada sabía, unha importante cantidade de cartos se colabora con ela na descuberta do autor do crime.
" Conta saldada " iníciase como unha historia de fantasmas, desenvolvéndose como unha novela trepidante de intriga e acción na que dous rapaces de ambientes sociais moi diferentes asumen os riscos de desentrañar as misteriosas circunstancias da morte do pai, nunha indagación onde tamén mudarán os seus sentimentos ás portas da idade adulta. Este feito, aparecido de improviso nas súas vidas, levaraos a descubrir, como no Hamlet de Shakespeare, que quizais ningún dos dous é como pensaba ser e que deben tomar decisións.

Biografía del autor

Suso de Toro (Santiago, 1956) é licenciado en Arte Moderna e Contemporánea. En 2003 foille concedido o Premio Nacional de Narrativa. Como narrador publicou: " Caixón desastre " (1983, 1991), relatos, Premio Galicia da Universidade de Santiago; " Polaroid " (1986), relatos, Premio da Crítica Galicia; " Land Rover " (1988), novela; " Ambulancia " (1990), novela; " Tic-Tac " (1993, 2003), novela, Premio da Crítica Española 1994; " A sombra cazadora " (1994), novela; " Conta saldada " (1996, 2017), novela; " Calzados Lola " (1997), novela, Premio Blanco Amor; " Círculo " (1998), relatos; " Non volvas " (2000), novela, Premio da Crítica Española; " Trece badaladas " (2002), novela, adaptada libremente ao cine por Xavier Villaverde co título homónimo (2003) e Premio Nacional de Narrativa; " Morgún (Lobo Máxico) " (2003), novela; " Home sen nome " (2006), novela; " Sete palabras " (2009), novela, " Somnámbulos " (2014), relatos e " Fóra de si " (2018), novela. Escribiu, entre outros, libros de xornalismo e ensaio: " F.M. " (1991), " Camilo Nogueira e outras voces. Unha memoria da esquerda nacionalista " (1991), " O país da brétema " (2000, Xerais 2016), " A carreira do salmón " (2001), " Nunca máis Galiza á intemperie " (2002), " Españois todos " (2004), " Ten que doer " (2004), " Outra idea de España " (2005), " Outra Galiza " (2008), " Inmateriais. Vidas da nosa historia " (2013), " Humildar. Rituais despois de deus " (2017) e " Dentro da literatura " (2019). Publicou ademais a obra de teatro " Unha rosa é unha rosa " (1997) e " Servicio de urxencias " (2002), guións de televisión.





Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.