Como en Alxeria

Como en Alxeria

Pena, Xosé Ramón

Editorial Xerais De Galicia
Colección Edición Literaria - Narrativa, Número 0
Fecha de edición septiembre 2012 · Edición nº 1

Idioma gallego

EAN 9788499144351
232 páginas
Libro Dimensiones 145 mm x 220 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  19,50 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

A comezos da década dos 60 do século XX -unha década realmente prodixiosa na perspectiva de determinados analistas e, desde logo, de moitos daqueles que a protagonizaron- o mundo enteiro vive momentos de axitación e incertidume. O 1 de xaneiro de 1959 as tropas de Fidel Castro entraran na Habana e Santiago de Cuba. Dous anos máis tarde, en abril de 1961 -e contando co patrocinio da CIA- ten lugar o desembarco en Bahía de Cochinos, que rematará, porén, co triunfo das forzas revolucionarias fieis a Castro. Asemade, noutra parte do planeta, en Alxeria, vívense os tempos da rebelión contra o poder colonial francés, que conducirán á independencia do país en xullo de 1962. Cuba e Alxeria, pois; Fidel Castro, Ben Bella... nomes que están nas mentes, nas conversas, no horizonte diario duns mozos que, entre Madrid e Galicia, soñan con ser quen de sacudir o xugo da ditadura franquista e conquistar, entón, a liberdade para o seu pobo. Mais esa actitude rebelde de esixir un xesto, unha acción romántica que dea cumprida noticia da protesta- é cuestionada por outros sectores da resistencia moi condicionados aínda polo trauma da Guerra Civil e mais as persecucións da inmediata posguerra. Xosé Ánxel Viana vén ser un deses mozos que se debaten entre a fidelidade ao proxecto dos maiores e mais o afán por conformar unha alternativa propia e radical - como en Alxeria? , velaí a pregunta que os obsesiona arreo-. No medio e medio da incerteza, Viana e mais os seus compañeiros reciben a inagardada visita de Paloma, unha resplandecente actriz mexicana que, de súpeto, remove conciencias e vidas. Amor, paixón humana e política inician, xa que logo, unha carreira cada vez máis acelerada na cal as esperanzas, as desputas e traizóns, o medo e a ousadía aparecen entrelazados nun episodio singular e descoñecido que se puido constituír na outra crónica da historia de Galicia e do galeguismo.

Biografía del autor

Xosé Ramón Pena nació en Betanzos en 1956. Es catedrático de lengua y literatura galega. Ha sido también profesor en la Universidad de Vigo y en la Universidad de California (Santa Bárbara). Actualmente es profesor en la UNED. Como narrador, historiador de la literatura y ensayista ha recibido numerosos premios en Galicia. Ha escrito numerosos libros, algunos traducidos al castellano y portugués. En su obra de ensayo destacan los cuatro volúmenes que conforman la Historia da literatura galega (2013-2019).





Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.