Colmeiro por si mesmo

Colmeiro por si mesmo

Castro, Xosé Antón
Reigosa, Carlos G.

Editorial Xerais De Galicia
Colección Edición Literaria - Crónica - Conversas, Número 0
Fecha de edición abril 2015 · Edición nº 1

Idioma gallego

EAN 9788499148328
176 páginas
Libro Dimensiones 175 mm x 240 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  19,95 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

O pintor Manuel Colmeiro (1901-1999) é unha figura cume do Movemento Renovador da Arte Galega, xunto con Maside, Torres, Souto, Laxeiro, Eiroa e Fernández Mazas. Tamén é un protagonista indiscutido da École Espagnole de Paris , que agrupa creadores como Picasso, Dalí, Miró, Gris, Bores etc., cos que participou en numerosas mostras.
Colmeiro non só contribuíu a un novo xeito de interpretar a estética do granito , fundindo a tradición e a etnografía galegas coas linguaxes vangardistas europeas, senón que aportou unha nova maneira de entender a pintura-pintura, por riba da estrutura narrativa, sendo así un dos primeiros cultivadores da abstracción en España.
O pintor estivo exiliado primeiro en Bos Aires e despois en París. As numerosas mostras individuais en prestixiosas galerías de arte e institucións españolas e francesas tiveron o seu colofón na antolóxica que lle dedicou o Museo Español de Arte Contemporáneo en Madrid en 1983, que marcou o seu retorno definitivo a España.
Colmeiro por si mesmo acolle tres reveladoras conversas co artista, feitas a finais da década de 1980 por Xosé Antón Castro e Carlos G. Reigosa. Nelas, Colmeiro descobre as claves da súa vida e da súa obra, ao tempo que define a natureza do seu compromiso político e da súa linguaxe creativa, tan galega e tan universal.

Biografía del autor

Carlos G. Reigosa (Carlos González Reigosa) (Pastoriza, 1948). Licenciado en Ciencias da Información e Ciencias Políticas. Xornalista. Desde 1997 é director de Publicacións Análise e estilo da Axencia EFE. Autor de numerosos artigos sobre crítica teatral, literaria e política internacional, publicados en revistas e xornais españois e americanos. Como narrador ten publicadas as seguintes obras: Oxford, amén (1982), novela; Homes de tras da Corda (Xerais 1982, 2000), relatos; Conversas de Carlos G. Reigosa con Gonzalo Torrente Ballester (1983); Crime en Compostela (Xerais 1984), Premio Xerais de novela; As pucharcas da lembranza (Xerais 1985), relatos; Irmán Rei Artur (Xerais 1986, 2000), relatos; O misterio do barco perdido (Xerais 1988), novela; Matinacións zafanarias en Contos eróticos / eles (Xerais 1990); Os outros disparos de Billy (Xerais 1991); A súpeta despedida de Ramón Beiro (1992), relato publicado nos Contos do Castromil; A guerra do tabaco (Xerais 1996), novela; Narcos (Xerais 2000), novela, Premio Benito Soto 2001; e Intramundi (Xerais 2002), novela. Ademais publicou varios libros de investigación e ensaio xornalístico, entre eles, Fuxidos de sona (Xerais 1989), documento xornalístico; La agonía del león (Alianza Editorial 1995), Premio Internacional Rodolfo Walsh de Literatura testemuñal en 1996; e Doutor Livingstone, supoño (Xerais 1998), ensaios.




Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.