Casa de orfas

V Premio de Poesia Fiz Vergara Vilariño

Casa de orfas

Pedreira Lombardía, Emma

Editorial Espiral Maior
Lugar de edición España
Fecha de edición junio 2005 · Edición nº 1

Idioma gallego

EAN 9788496475038
Libro


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  12,50 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

É certamente Emma Pedreira (A Coruña, 1978) autora dunha obra extensa e complexa no que á poesía se refire, formada polos títulos Diario bautismal dunha anarquista morta (1999), Grimorio (2000), Corpo (2001), As posturas do día (2001), Velenarias (2001) e Os cadernos d'amor e os velenos (2002). A fortuna sorriulle especialmente á escritora, pois os máis destes libros foron merecedores de premios literarios ou accésits, como tamén o foi o ata o de agora derradeiro, Casa de orfas, do Fiz Vergara Vilariño na súa quinta edición.

Biografía del autor

Emma Pedreira (A Coruña, 1978), licenciada en Filoloxía, poeta e narradora, gañou o Premio Xerais de Novela en 2018 con Besta do seu sangue. No ámbito da narrativa publicara con anterioridade Bestiario de silencios (2001); As cinzas adentras (2004); Corazón e demais tripas (2016, Premio de literatura erótica Narrativas Quentes=; e Bibliópatas e fobólogos (2017, Premio da Crítica Española). Como poeta publicou Diario bautismal dunha anarquista morta, (1999, Premio Johán Carballeira), Grimorio (2000, Premio Eusebio Lorenzo Baleirón), Corpo (2001, Premio Faustino Rey Romero), As posturas do día (2001), Velenarias (2001, Premio Johán Carballeira), Os cadernos d'amor e os velenos (2002, Premio Johán Carballeira), Casa de orfas (2006, Premio Fiz Vergara Vilariño), Xoguetes póstumos (2010), Antítese da ruína (2011, IX Premio de poesía Novacaixagalicia), Libro das mentiras (2012, Certame de poesía Concello de Carral) e s/t (Xerais, 2015, Premio Gonzalo López Abente).





Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.