Besta do seu sangue

Besta do seu sangue

Pedreira Lombardía, Emma

Editorial Xerais De Galicia
Colección Edición Literaria - Narrativa, Número 0
Fecha de edición octubre 2018 · Edición nº 1

Idioma gallego

EAN 9788491214489
120 páginas
Libro encuadernado en tapa blanda
Dimensiones 145 mm x 225 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  17,95 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

Besta do seu sangue relata, con grande orixinalidade, unha historia inspirada na figura e no mito de Blanco Romasanta desde unha visión que propugna unha revisión de xénero.
Disposta como un conxunto fluído de microunidades narrativas, na novela conviven os rexistros culto e coloquial para vencellar as voces partícipes da historia e da creación do mito nacido arredor da persoa que foi considerada a primeira asasina en serie da nosa historia.
A obra supón unha proposta transgresora e fragmentaria que se caracteriza por esa multiplicidade de voces, polo seu esencialismo narrativo e por exhibir diversos rexistros para abordar o tema da licantropía desde unha perspectiva de xénero.
Narrada desde unha linguaxe poética, ao longo das páxinas desta excelente novela, salienta unha atmosfera de desacougo e angustia para abordar o tratamento dun personaxe que bebe das fontes cultas, mitolóxicas e populares galegas para reavivar a figura do lobo e a súa convivencia co ser humano.

Biografía del autor

Emma Pedreira (A Coruña, 1978), licenciada en Filoloxía, poeta e narradora, gañou o Premio Xerais de Novela en 2018 con Besta do seu sangue. No ámbito da narrativa publicara con anterioridade Bestiario de silencios (2001); As cinzas adentras (2004); Corazón e demais tripas (2016, Premio de literatura erótica Narrativas Quentes=; e Bibliópatas e fobólogos (2017, Premio da Crítica Española). Como poeta publicou Diario bautismal dunha anarquista morta, (1999, Premio Johán Carballeira), Grimorio (2000, Premio Eusebio Lorenzo Baleirón), Corpo (2001, Premio Faustino Rey Romero), As posturas do día (2001), Velenarias (2001, Premio Johán Carballeira), Os cadernos d'amor e os velenos (2002, Premio Johán Carballeira), Casa de orfas (2006, Premio Fiz Vergara Vilariño), Xoguetes póstumos (2010), Antítese da ruína (2011, IX Premio de poesía Novacaixagalicia), Libro das mentiras (2012, Certame de poesía Concello de Carral) e s/t (Xerais, 2015, Premio Gonzalo López Abente).





Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.