Asasinato no Consello Nacional

Asasinato no Consello Nacional

Ameixeiras, Diego

Editorial Xerais De Galicia
Fecha de edición septiembre 2010

Idioma gallego

EAN 9788499141718
384 páginas
Libro encuadernado en tapa blanda
Dimensiones 155 mm x 220 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  22,50 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

Un encarapuchado asasinou de tres disparos a Mario Dacosta, parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, cando saía da reunión do Consello Nacional no que a executiva, co seu voceiro á cabeza, Óscar Quiroga, presentou a súa dimisión. Os feitos aconteceron pouco despois das seis da tarde, cando Dacosta se dispuña a arrincar o seu coche, estacionado no aparcadoiro do Hotel Congreso de Santiago de Compostela. Segundo fontes da Delegación do Goberno, o pistoleiro achegouse ao parlamentario e asestoulle tres tiros, fuxindo posteriormente nun vehículo Renault Clio. Un dos disparos impactoulle na cabeza, provocándolle a morte. Os servizos sanitarios trataron de reanimalo no lugar do crime, sen éxito, durante media hora. O presidente en funcións da Xunta de Galiza, Felipe Méndez Tarrío, cualificou o suceso de atentado contra a democracia . O vicepresidente Óscar Quiroga, amosouse conmocionado e afirmou que Galiza saberá estar á altura das circunstancias ante un asasinato que enche de rabia a todos os demócratas, e especialmente aos nacionalistas galegos . Fernando Xelmírez, secretario xeral UPG, partido integrado no Bloque e no que o parlamentario militaba dende 1982, amosouse conmocionado polo suceso e cualificou a Dacosta de camarada insubstituible e extraordinario patriota galego . Horas antes do crime, Óscar Quiroga anunciara a súa dimisión ao comezo do consello nacional da formación frontista, conclave no que tamén presentou a súa renuncia toda a executiva. Abríase así unha nova etapa despois da derrota sufrida nos comicios autonómicos do 1 de marzo, cuxos resultados devolveron a maioría absoluta ao Partido Popular en detrimento do bipartito formado por PSdG-PSOE e BNG. Alberto Cudeiro, un detective elegante con ínfulas taoístas, recibirá da dirección do BNG o encargo de investigar este crime, que o levará, tamén, a resolver un enigma relacionado coa guerra civil.

Biografía del autor

Diego Ameixeiras (Lausanne, Suíza, 1976), escritor e xornalista. Escribe en La Voz de Galicia e O Salto . Publicou en Xerais todas as súas novelas: Baixo mínimos (2004); O cidadán do mes (2006); Tres segundos de memoria , Premio Xerais de Novela (2006); Dime algo sucio (2009), Premio Especial da Dirección da Semana Negra de Xixón; Asasinato no Consello Nacional (2010), Premio Irmandade do Libro ao Mellor Libro do Ano; Historias de Oregón (2011), Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia ; Todo OK (2012); Matarte lentamente (2013); Conduce rápido (2014), Premio Losada Diéguez de Creación Literaria 2015, finalista Premio Hammett 2017; A noite enriba (2015), A crueldade de abril (2018) e O cervo e a sombra (2021), Premio Nacional da Crítica, Premio Follas Novas, Premio Pata Negra-Domingo Villar e finalista do Premio Hammett. Os Suicidantes (2023) é a súa primeira novela gráfica como guionista. Fotografía do autor: Sara Antelo.





Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.