As horas roubadas

As horas roubadas

Solar, María

Editorial Xerais De Galicia
Colección Edición Literaria - Milmanda, Número 22
Fecha de edición mayo 2016 · Edición nº 1

Idioma gallego

EAN 9788491210160
232 páginas
Libro encuadernado en tapa blanda
Dimensiones 215 mm x 140 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  16,95 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

A morte dun ancián que sostén na súa man un papel coa mensaxe Dime que me queres destapa unha pasional historia de amor que non se apaga co paso do tempo. Ambientada na confusa España de 1979, dous anos antes da Lei do divorcio, dúas familias vense arrastradas por ese vello segredo e pola necesidade de cambiar as súas vidas. As horas roubadas é unha novela de personaxes que nos leva a través dos sentimentos de varias xeracións nunha época onde vivir sen ataduras era unha tarefa pendente. Unha historia que demostra que non hai idade para o amor, e que cando non facemos nada por mudar as cousas, algo insospeitado pode facer que cambien. Para sempre.

Biografía del autor

María Solar (Santiago de Compostela 1970) é escritora e xornalista. Coordinadora de Cultura da Corporación Radio Televisión de Galicia e presentadora e directora do programa cultural da TVG Zigzag Fin de Semana.<br> Na súa formación académica mesturou as ciencias e as letras, licenciándose en Bioloxía e Xornalismo, e diplomándose en Maxisterio, ademais de ser especialista en Información Ecolóxica e Medioambiental. No ámbito xornalístico centrou o seu traballo na radio e na televisión, aínda que tamén colabora en prensa e revistas. Como escritora iniciou o seu percorrido con obras de ensaio divulgativo, como Ecoloxía na Aula (1997), O libro do noso mar (1999), e de ficción pedagóxica, como Boa sorte (2008) ou O tempo do revés (2008). O recoñecemento da crítica e do público chégalle da man da literatura infantil e xuvenil con títulos premiados e traducidos a varios idiomas, entre os que destacan: A verdadeira historia da mosca de tele (2012), As meigas de Lupa (Xerais 2012), Teño uns pés perfectos (2015), O meu pesadelo favorito (2015) ou Os nenos da varíola (2017). En Xerais publicou tamén a novela As horas roubadas (Xerais, 2016) e o libro infantil Quokka Moka (Xerais, 2019). En 2022 conseguiu o Premio Xerais de Novela coa obra A culpa (Xerais, 2022), e en 2023 quedou finalista do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil con Adeline (Xerais, 2024. Pódese seguir a autora en www.mariasolar.com, mariasolar2 e en Facebook.




Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Pasajes Libros ha recibido la ayuda a la modernización de las librerías de la Comunidad de Madrid correspondiente al ejercicio 2023 y 2024.

Pasajes Libros ha recibido la ayuda para la revalorización cultural y modernización de las librerías 2024, del Ministerio de Cultura, a través de la Dirección General del Libro, del Comic y de la Lectura.



Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.