Editorial Xerais De Galicia
Colección Edición Literaria - Teatro - Biblioteca Dramátic, Número 0
Fecha de edición junio 2021 · Edición nº 1
Idioma gallego
EAN 9788491219064
108 páginas
Libro
Dimensiones 130 mm x 210 mm
Ao mosteiro de Albeos, situado entre as fortalezas de Melgaço en Portugal e a de Fornelos en Galicia, chega unha carta da raíña Xoana de Castela. A pequena comunidade de monxas vese sacudida por unha sentenza que, ao parecer, é xa inapelable e, escena a escena, vaise descubrindo a traxedia que estas monxas están a vivir.
"As desterradas" adéntrase no enfrontamento desatado entre a Coroa de Castela e os mosteiros bieitos galegos nos séculos XV e XVI. Unha historia de resistencia protagonizada por un pequeno grupo de monxas que mantiveron unha valente e desigual pelexa cos grandes poderes do seu tempo: a coroa e o papado.
A peza recrea eses días finais no mosteiro de Albeos, dos que non chegou documentación a nós porque, como o Padre Colombás deixou dito, os documentos comprensiblemente escasean porque ninguén ten interese en conservar papeis ou pergameos embarazosos. Lonxe quedaba o tempo no que os abades de San Bieito de Valladolid se queixaban amargamente do apoio da curia romana ás monxas galegas: "cada hora nos dicen que nos han de destruir como los templarios, y aun por tales y peores nos tienen. Pues nuestro santísimo padre el Papa nunca nos llama sino herejes".
Carme Varela (Duomes, A Baña, 1970)<br> Licenciada en Filoloxía galega, completou a súa formación cun mestrado en xestión cultural na Universidade de Barcelona no ano 2000.<br> A súa conexión co teatro comezou na época de estudante, no grupo universitario EIS e na compañía Os Quinquilláns.<br> Rematada a carreira, compaxinou traballos na Fundación Castelao como secretaria técnica con outros no campo da produción e distribución teatral coas compañías Ollomoltranvía e Mofa e Befa. Tamén traballou na empresa de servizos teatrais RTA. Foi directora de produción no Centro Dramático Galego e, dende o ano 2007, a súa vida laboral está ligada á empresa de comunicación Atlantis Multimedia, onde participou en proxectos de publicidade ou na produción de películas documentais como A Palabra Xusta, dirixida por Miguel Piñeiro.<br> "As desterradas" é o seu primeiro texto teatral e foi creado como unha actividade para desenvolver no seo da asociación de patrimonio medieval O Sorriso de Daniel, da que é secretaria, e que axudou a fundar en 2010.
|