Editorial Faktoría De Libros
Fecha de edición enero 2009
Idioma portugués
Ilustrador Proença, Pedro
EAN 9789898205322
64 páginas
Libro
encuadernado en tapa dura
Dimensiones 15 mm x 23 mm
Trece poemas en cada libro,
trece poemas como trece lúas,
como os trece meses do calendario luar.
A lúa, ese ser cambiante
que muda a súa cara de espello circular.
Señora das mareas, astro da fecundidade.
Ritmos lunares para dar medida ao tempo,
ao tempo poético.
Este libro invita a ler un poema cada día, ou cada semana,
ou cada mes lunar. Despois, pode deixarse repousando nun
atril, aberto na ilustración que se desexe, que non é nen
máis nen menos, que a lectura que Pedro Proença fixo das
palabras do poeta, para deleite dos nosos ollos e da nosa
impresión máis persoal.
"Ilustrar os poemas de Fernando Pessoa esixe unha reflexión porque, en Pessoa, aquilo ao que
chamanos Modernidade está cheo de movementos e contra-movementos, de lóxicas internas que son
seguidas como siloxismos, dun mañá que non sabemos o que nos trae, e da asombrosa moda de
onte pola tarde. Con Pessoa estamos forzados a constatar a complexidade das subxectivacións e
as desinhibicións da vontade de interiorizar e de singularizar, e dos problemas, ás veces terribles, da
empatia epidérmica co mundo." Pedro Proença
Pedro Proença FERNANDO PESSOA Nacieu e morreu en Lisboa, aínda que viviu en Sudáfrica, en Durban, entre 1896 e 1905, onde recibiu
parte da súa formación escolar e cultural en inglés. Xa en Lisboa, e tras un breve paso pola Facultade
de Letras -que abandoou- traballou en varias oficinas como comercial. En 1915, con Mário de Sá-
Carneiro, Almada Negreiros e outros poetas e artistas plásticos, cos que formou o grupo Orpheu ,
lanzou a revista homónima, marco do Modernismo portugués. No seu segundo número publicou
Chuva Oblíqua . Nunha carta a Adolfo Casais Monteiro, Pessoa atribúe a esa obra a emerxencia de
Alberto Caeiro (1889-1915), o seu primeiro heterónimo e predecesor dos demais: Ricardo Reis (1887)
e Álvaro de Campos (1890). Á marxe do aspecto literario, o lado humano dos heterónimos chamou
moito a atención. Concebidos como individualidades distintas da do autor, creoulles unha biografía,
atribuiulles un rostro, aficións, xestos e mesmo horóscopo propios; en suma, construiulles idades e
vidas .
PEDRO PROENÇA (Angola, 1962)
Artista lisboeta, malia que naceu en Lubango. Na súa mocidade comezou a debuxar cómics, aos que
seguirían poemas neo-futuristas e manifestos neo-dadaístas, que o encamiñaron á creación dun
colectivo artístico. En 1981 puxo en marcha o Movemento Neo-Canibal, que evolucionou cara ao
chamado Movemento Homeostético, posiblemente o grupo máis inconformista da arte portuguesa
nos anos 80. Na década dos 90 adicouse á ilustración, colaborando con revistas infantís, libros
ilustrados e escritores como Cam es ou Saramago. Publicou varios libros propios de poesía, ficción,
ensaio e tipografía.
editora kalandraka.pt www.kalandraka.pt
FERNANDO PESSOA
ANTOLOGIA POÉTICA
FAKTORIA K
Fernando Pessoa (Lisboa, Portugal, 1888-1935), escritor, crítico, dramaturgo, ensayista, traductor, editor y filósofo, fue una de las figuras literarias más importantes y complejas del siglo xx y uno de los grandes poetas en lengua portuguesa. Director y colaborador de varias revistas literarias, se ganó la vida como redactor de correspondencia extranjera para empresas comerciales, traductor y vendedor de horóscopos. Escribió en inglés (vivió en Suráfrica en sus años mozos) una parte de su obra, que se desplaza magistralmente de la vanguardia al clasicismo. Desdeñoso de la fama, propuso siempre lo que él llamó una x{0026} x0201C;estética de la abdicaciónx{0026} x0201D;, en la que incluía no sólo x{0026} x0201C;la posibilidad de bienestar materialx{0026} x0201D; sino todo el sistema de relaciones humanas, desde el amor a la amistad, convencido de que el hecho divino de existir no debe asimilarse al hecho satánico de coexistir.
|