A sombra cazadora

A sombra cazadora

Toro, Suso de

Editorial Xerais De Galicia
Fecha de edición octubre 2013 · Edición nº 1

Idioma gallego

EAN 9788499145617
240 páginas
Libro Dimensiones 130 mm x 210 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  12,95 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

Dous irmáns viven co seu pai nunha casa totalmente arredados do mundo exterior.
Fóra hai unha ameaza para todos eles que só o seu pai coñece.
Un día o seu encerro vese alterado, e o seu pai advírteos: Maxinade que a vosa sombra se separa de vós e toma vida de seu.
Maxinade que a imaxe do espello toma vida propia e actúa pola súa conta.
Ha chegar un momento no que teñades dificultades .Narrada en primeira persoa, altérnanse os puntos de vista de un e outro irmán en cada un dos capítulos.
Con esta obra Suso de Toro inicia unha nova vía que el define como unha aventura, unha narración mítica, que comeza lenta pero intrigante e se vai acelerando coma un thriller .
A sombra cazadora será levada ó cine.
Traducida ó castelán e ó portugués, así como a outras linguas europeas.

Biografía del autor

Suso de Toro (Santiago, 1956) é licenciado en Arte Moderna e Contemporánea. En 2003 foille concedido o Premio Nacional de Narrativa. Como narrador publicou: "Caixón desastre" (1983, 1991), relatos, Premio Galicia da Universidade de Santiago; "Polaroid" (1986, 2021), relatos, Premio da Crítica Galicia; "Land Rover" (1988), novela; "Ambulancia" (1990), novela; "Tic-Tac" (1993, 2003), novela, Premio da Crítica Española 1994; "A sombra cazadora" (1994), novela; "Conta saldada" (1996, 2017), novela; "Calzados Lola" (1997), novela, Premio Blanco Amor; "Círculo" (1998), relatos; "Non volvas" (2000), novela, Premio da Crítica Española; "Trece badaladas" (2002), novela, adaptada libremente ao cine por Xavier Villaverde co título homónimo (2003) e Premio Nacional de Narrativa; "Morgún (Lobo Máxico)" (2003), novela; "Home sen nome" (2006), novela; "Sete palabras" (2009), novela; "Somnámbulos" (2014), relatos; "Fóra de si" (2018), novela e "Un señor elegante" (2020), novela. Escribiu, entre outros, libros de xornalismo e ensaio: "F.M." (1991), "Camilo Nogueira e outras voces. Unha memoria da esquerda nacionalista" (1991), "O país da brétema" (2000, Xerais 2016), "A carreira do salmón" (2001), "Nunca máis Galiza á intemperie" (2002), "Españois todos" (2004), "Ten que doer" (2004), "Outra idea de España" (2005), "Outra Galiza" (2008), "Inmateriais. Vidas da nosa historia" (2013), "Humildar. Rituais despois de deus" (2017) e "Dentro da literatura" (2019). Publicou ademais a obra de teatro "Unha rosa é unha rosa" (1997) e "Servicio de urxencias" (2002), guións de televisión.




Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.