Judit é unha nena a piques de facer os doce anos que debuxa moi ben.
Vive con súa nai e co seu avó en Xenebra.
O pai, un famoso pintor, marchou para Hungría cando era pequena.
Mentres Judit se está a preparar para participar nun concurso de debuxo, o xadrez crúzaselle inesperadamente no camiño e comeza a afeccionarse.
Judit xogará moitas partidas, pero unha delas vaille cambiar a vida.
O seu contrincante será Mr.
Aliyat, un estraño mestre do xadrez, nacido en Irán, que se comunica con ela a través de enigmáticas notas.