A defunción dos sexos

A defunción dos sexos

Ferrández Pérez, Daniela

Editorial Edicións Xerais
Fecha de edición mayo 2022 · Edición nº 1

Idioma gallego

EAN 9788411101202
290 páginas
Libro Dimensiones 145 mm x 220 mm


valoración
(0 comentarios)



P.V.P.  18,50 €

Sin ejemplares (se puede encargar)

Resumen del libro

A defunción dos sexos: disidentes sexuais na Galiza contemporánea é un libro divulgativo que recompila historias e memorias de persoas que viviron alén da norma sexual na Galiza dos últimos cento cincuenta anos.
A través de fontes de arquivo e xornalísticas reflexiónase sobre algúns dos itinerarios que estas persoas tiveron que percorrer e o seu enfrontamento co xugo dunha sexualidade obrigatoria que as condenaba ás marxes e ao ostracismo.
Este libro parte coa conciencia de que a saída dese caixón agochado no que a historia depositou as disidentes sexuais é un paso imprescindible á hora de articular unha memoria LGBT na Galiza de hoxe.
Para isto, o desenvolvemento do traballo non se centra nun relato exhaustivo sobre a disidencia sexual e de xénero en cada unha das épocas investigadas, senón que estas se configuran como pequenas xanelas das que se extraen historias e memorias de persoas diversas.
Persoas perseguidas, aceptadas, toleradas ou reprimidas.
Vidas, a fin de contas, necesarias para unha reflexión actual e colectiva sobre o pasado, o presente e o futuro das disidentes sexuais que poboamos hoxe o país galego.

Biografía del autor

Nada no País Valencià, Daniela Ferrández Pérez (Almoradí, 1988) é galega de adopción dende o ano 2011. Doutora en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela (2020), investigou sobre cuestións como a violencia política do franquismo, o clientelismo político, e o feminismo e os partidos políticos na Transición. Paralelamente, implicouse, xunto coa súa familia, no activismo pola memoria histórica na procura dos restos do seu bisavó, fusilado polo franquismo en Alacant en 1941.<br> Como muller trans, leva varios anos involucrada no activismo LGBT do país, principalmente a través da asociación Amizando. Na actualidade é investigadora posdoutoral adscrita ao grupo Histagra USC.



Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.