Editorial Faktoría K De Libros
Fecha de edición noviembre 2008
Idioma gallego
EAN 9788496957503
466 páginas
Libro
encuadernado en tapa blanda
Dimensiones 14 mm x 21 mm
Unha gorra verde de cazador comprimía o cocote dunha cabeza gorda coma un globo. As orelleiras verdes -recheas de orellas grandes, cabelo sen cortar e os pelos finiños que crecían nas devanditas orellas- levantábanse para os flancos tal que bandeiriñas de xiro a indicaren dúas direccións simultáneas. Uns beizos carnosos e engurrados nunha carantoña sobresaían por debaixo do mesto bigote negro e ocultábanse nas comisuras en preguiñas cheas de desaprobación e migallas de patacas fritidas. Na sombra proxectada pola viseira verde da gorra, os desdeñosos ollos azuis e amarelos de Ignatius
J. Reilly miraban por riba do ombro para as demais persoas que agardaban baixo o reloxo dos grandes almacéns D. H. Holmes, escrutando a multitude... PREMIO PULITZER (1981) E MELLOR NOVELA ESTRANXEIRA EN FRANCIA (1981)
A conxura dos necios , galardoada co Premio Pulitzer de ficción en 1981, é unha das novelas póstumas de John Kennedy Toole. O seu título procede dunha cita do clásico Jonathan Swift: Cando no mundo aparece unverdadeiro xenio, podémolo recoñecer por este signo: que os necios se conxuran todos contra el, da súa obra Pensamentos sobre diversas materias, tanto morais como amena .
Ignatius Reilly é un rapaz incomprendido, de personalidade enrevesada e atormentado por atopar un traballo que lle permita pagar unha débeda. O protagonista é unha representación grotesca do heroe moderno: intelectual e lacazán, de aspecto excéntrico e desaseado, de conduta maniática e crenzas absurdas e anticuadas. Un gordinflón hipocondríaco que provoca ao mesmo tempo a risa e a mágoa.
Vive anoxado coa sociedade que o rodea e trata de cambiar un mundo que non comprende, malia que lle tocou vivir nel, polo que actúa como un novo Quixote, para poder sobrevivir. Canda el, a novela presenta un elenco de personaxes excelentemente construidos, dando como resultado unha traxicomedia disparatada, ácida e intelixente, que contén unha crítica mordaz e demoledora contra a decadente clase media norteamericana, cuestionando de cheo os sistemas económico, relixioso e social do país. JOHN KENNEDY TOOLE (Nueva Orleans, 1937-Misisipi, 1969)
Graduouse en Lingua Inglesa na Universidade de Columbia, pero non rematou o doutoramento por facer o servizo militar en Porto Rico. Foi profesor na Universidade de Luisiana e posteriormente nun colexio de Nova Iorque. Influído polo ambiente do barrio Francés de Nova Orleáns e por un traballo esporádico nunha fábrica de roupa escribiu A conxura dos necios , á que considerou unha obra mestra. Os editores de Simonx{0026}Schuster rexeitaron publicala respondéndolle que non trataba realmente de nada . A decepción polas negativas recibidas levouno a unha situación de deterioro persoal e profesional, un sentimento de fracaso que o abocaría ao suicidio. Once anos despois da súa morte, a súa nai, Thelma Toole, atopou o manuscrito e percorreu sen éxito varias editoriais, ata que lle insistiu ao escritor Walker Percy, que cando leu a novela quedou marabillado pola calidade literaria que outros rexeitaran de forma tan reiterada. Publicouse en 1980 e converteuse nun gran éxito comercial. Ao ano seguinte en Francia foi nomeada mellor novela de lingua estranxeira. Na rúa Iberville 800 de Nova Orleans chegouse a levantar unha estatua adicada a Ignatius J. Reilly. En 1989 publicouse tamén La Biblia de Neón , outra novela escrita por Toole cando tiña 16 anos.
x{0026}lt;p x{0026}lt;strong John Kennedy Toolex{0026}lt;/strong nació en Nueva Orleans en 1937 y murió en 1969. La publicación póstuma de x{0026}lt;strong x{0026}lt;em La conjura de los neciosx{0026}lt;/em x{0026}lt;/strong , editada en Compactos al igual que su primera novela x{0026}lt;strong x{0026}lt;em La Biblia de neónx{0026}lt;/em x{0026}lt;/strong , le consagró como uno de los mejores novelistas norteamericanos de todos los tiempos. Anagrama también ha publicado la biografía del autor, x{0026}lt;strong x{0026}lt;em Una mariposa en la máquina de escribirx{0026}lt;/em x{0026}lt;/strong , escrita por Cory MacLauchlin.x{0026}lt;/p
|