XURXO SOUTO (1966). Terrícolo redondo. Naceu na Coruña, cidade-barco, mais nada sabía das cousas do mar. Así que comezou a preguntar e a compartir polo medio que for tanta descuberta. No ano 1999 gravou cos Diplomáticos de Monte-Alto o CD Capetón , nome en galego do mar de Cape Town, na fin de África. En 2006 dirixiu o programa Mil Ribeiras , na Radio Galega. Escribiu Contos do mar de Irlanda (Xerais, 2014) e a novela A gran travesía de Chiruca Macallás (Xerais, 2018). Dúas décadas despois da súa aparición, recuperamos (en clave celebración) a primeira parte deste libro: O retorno dos homes mariños (Xerais, 1999, 2020), o relato dunha verdadeira iniciación oceánica. Porque, como dixo Staffan Mörling: Non vivimos na fin da Terra, nós vivimos no centro do Mar .
En 2024 publicou "Somos un pobo de artistas. O método Luísa Villalta (Xerais, 2024). A Novela do Bravú (Xerais, 2025) é a súa última obra.
(Foto do autor: Sofía de Labañou)