Carme Varela (Duomes, A Baña, 1970)
Licenciada en Filoloxía galega, completou a súa formación cun mestrado en xestión cultural na Universidade de Barcelona no ano 2000.
A súa conexión co teatro comezou na época de estudante, no grupo universitario EIS e na compañía Os Quinquilláns.
Rematada a carreira, compaxinou traballos na Fundación Castelao como secretaria técnica con outros no campo da produción e distribución teatral coas compañías Ollomoltranvía e Mofa e Befa. Tamén traballou na empresa de servizos teatrais RTA. Foi directora de produción no Centro Dramático Galego e, dende o ano 2007, a súa vida laboral está ligada á empresa de comunicación Atlantis Multimedia, onde participou en proxectos de publicidade ou na produción de películas documentais como A Palabra Xusta, dirixida por Miguel Piñeiro.
"As desterradas" é o seu primeiro texto teatral e foi creado como unha actividade para desenvolver no seo da asociación de patrimonio medieval O Sorriso de Daniel, da que é secretaria, e que axudou a fundar en 2010.
Mostrando 2 libros encontrados (1 páginas)
1
Ao mosteiro de Albeos, situado entre as fortalezas de Melgaço en Portugal e a de Fornelos en Galicia, chega unha carta da raíña Xoana de Castela. A pequena comunidade de monxas vese sacudida por unha sentenza que, ao parecer, é xa inapelable e, escena a escena, vaise descubrindo a traxedia que estas monxas están a ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
Ante los cambios que nuestra sociedad está viviendo, este libro plantea la pregunta sobre cuál debe ser la presencia de las mujeres en la Iglesia actual.Teólogas y teólogos, biblistas, eclesiólogos y patrólogos debaten sobre la situación del diaconado femenino, partiendo de nuestras fuentes bíblicas primeras y contrastándolas con nuestra Tradición.Del diálogo compartido sobre las relaciones ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
1
|