Su carro de la compra está vacío

Volver

Ramos García, Pedro

Biografía del autor

Empezou a contar historias sendo ben pequeno. Os pés non lle chegaban ao chan sentado no sofá, cando descubriu o poder da palabra. A súa primeira espectadora foi súa nai, que tivo que deixar o que estaba a facer, pasar o ferro, para escoitar a pequena mentira que só a el lle parecía verdade. Desde aquela, non parou de o facer. Foi irmán maior, estudante con boas notas en Vallecas, universitario pluriempregado, xeofísico, publicista, director de diferentes proxectos audiovisuais, lector editorial, guionista, autor de dúas obras de teatro, profesor de escritura creativa e, desde 2006, escritor con obras publicadas.

Compartir

Bibliografía de Ramos García, Pedro


Mantente al día de la
actualidad de Pasajes