Xabier Quiroga

Xabier Quiroga, que prefire non divulgar datos biográficos e que segue a considerar que na literatura importa a obra en si e non a montaxe que se argalla arredor dela , deuse a coñecer con Atuado na braña (Xerais, 2002), novela longa que recibiu unha calorosa acollida da crítica (Premio Losada Diéguez 2002, Finalista do Premio Arcebispo San Clemente 2002 e do Premio Novela Europea Casino de Santiago 2002). A seguir entregou unha pequena alfaia literaria, Era por setembro (Xerais, 2004), novela de formato máis breve que seduciu pola emoción que destila no recanto de cada páxina . Volveu tras os pasos da súa primeira novela en Se buscabas un deus (Xerais, 2006), unha reflexión sobre o futuro que nos agarda.
As súas seguintes achegas consolidárono como un autor de referencia nas letras galegas: O Cabo do Mundo (Xerais, 2009) e Zapatillas rotas (Xerais, 2014) outorgáronlle os Premios da Crítica de 2010 e de 2015, respectivamente; e a sorprendente Izan o da saca (Xerais, 2015) recibiu o Premio Arcebispo San Clemente 2016 e mais o favor do público lector. Con O baile dos estorniños (Xerais, 2021), que ten en común con O Cabo do Mundo e Izan o da saca a investigación histórica e a presenza do personaxe Reina, culminou a súa Triloxía da Ribeira Sacra. A súa novela máis recente é Coa man esquerda (Xerais, 2023).


Mostrando 8 libros encontrados (1 páginas)

Ordenar resultados por:

    1    



    1    



Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Pasajes Libros ha recibido la ayuda a la modernización de las librerías de la Comunidad de Madrid correspondiente al ejercicio 2023.

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.