Miguel López O Hematocrítico é autor de varios blogs humorísticos de éxito e continúa espallando a súa fama en Twitter. Leva colaborado en numerosos medios de comunicación. Ademais, é escritor e mestre de Educación Infantil, Inglés e Primaria. En Xerais publicou os libros Feliz feroz. O lobiño riquiño (2016), Axente Riciños (2016) e O lobo con botas (2018), ilustrados por Alberto Vázquez; Rapunzel con piollos (2019), Alcaldesa Vermella (2020), Vaia cabuxiño! (2021) e Axente Riciños, Misión Princesa (2022), ilustrados por Mar Villar; e a serie de banda deseñada infantil Lendas do Recreo, cos títulos A media hora dos recreos (2020) e Campións do mundo (2020), ilustrados por Albert Monteys. En 2021 nace a serie Os Hematiños, ilustrada por Alberto Vázquez, que leva tres títulos publicados: Un can , O meu irmono (Xerais, 2021) e Gaivota gourmet (Xerais, 2022).
Mostrando 1 libros encontrados (1 páginas)
1
Axente Riciños, a mellor e máis implacable axente da Policía, regresa para resolver un misterio que mantén en tensión a todos os habitantes da Fraga.Alguén está secuestrando as princesas sen deixar nin rastro.Só hai unha opción para resolver o caso, que Riciños faga coma quen que é unha delas.Algo que, coñecéndoa, non será nada doado...Tranquilas, ...
más informaciónSin ejemplares (se puede encargar)
1
|