Su carro de la compra está vacío

Volver

Navaza, Gonzalo

Biografía del autor

Gonzalo Navaza (Lalín, 1957). Doutor en Filoloxía. Profesor da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. Lexicógrafo e especialista en toponimia e antroponimia, coordinou a área de dicionarios de Edicións Xerais de Galicia. Realizou a edición crítica de Longa noite de pedra , de Celso Emilio Ferreiro (Xerais 1990). Ten publicados os poemarios: Fábrica íntima (1991), Premio Eusebio Lorenzo Baleirón 1989 e Premio da Crítica Española 1992; A torre da derrota (Xerais 1992); e Libra (2000), Premio Martín Codax 2000. Como tradutor verteu para o galego obras de Jack London, Georges Perec, Robert Graves e Baudelaire. Recibiu o Premio Ramón Cabanillas de tradución literaria (1989) pola súa versión para o galego de O can dos Baskerville de Conan Doyle (Xerais 1988). Como narrador publicou Erros e Tánatos (Xerais 1996), Elucidario (Xerais 1999) e Santos e defuntos (Xerais 2001). Para o público infantil, publicou Fábulas contadas (Xerais 2020).

Compartir

Bibliografía de Navaza, Gonzalo


Mantente al día de la
actualidad de Pasajes