Iria Misa (Gondomar, 1983) é licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Vigo e profesora de ensino secundario. Como autora de literatura infantil e xuvenil deuse a coñecer coa novela Xa non estou aquí (Xerais, 2016), que obtivo o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil. En 2018 publica, tamén en Xerais, as novelas Segredos no Solpor e Mamá, quero ser Ziggy Stardust , Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Infantil dese ano. Con A cidade do átomo (Xerais, 2021) gaña o IV Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade. Outros títulos da autora son Unha veciña de película (Xerais, 2023) e A excursión a Cans. Unha veciña de película (Xerais, 2025).