Lupe Gómez (Fisteus, 1972), poeta, narradora e xornalista. Colaborou en A Nosa Terra e Galicia Hoxe . Publicou libros de poesía como Pornografía (1995), Camuflaxe (2017), Caracois de Belvís (2020) ou Montaña Ioga (2022). Obtivo, entre outros, os premios Johán Carballeira, Premio da Crítica, Miguel González Garcés e Fiz Vergara Vilariño. É autora da narración autobiográfica Fisteus era un mundo (2001) e do epistolario Fosforescencias (2019). Con Salón de Té (Xerais, 2023) gañou o XI Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey. Recentemente foi nomeada embaixadora do Concello de Curtis. Foto da autora: Arxina