Su carro de la compra está vacío

Volver

Garzón Córdoba, Laura

Biografía del autor

Laura Garzón Córdoba é licenciada en Publicidade e Relacións Públicas. Desenvolveu a súa carreira publicitaria como redactora e directora creativa en diversas axencias multinacionais. Actualmente dirixe a súa propia empresa de servizos de comunicación, labor que compaxina co seu traballo como escritora. Comezou a súa andaina literaria na revista da movida madrileña La Luna. Despois, publicou varios contos infantís como Un caracol dorado e La chicharra gritona. En 2015 gañou o Premio Internacional de Narrativa Marta de Mont Marçal, con Promesas de arena, a súa primeira novela. Trátase unha historia de amor que rompe cos estereotipos románticos para lle dar prioridade ao empoderamento feminino e á solidariedade no turbulento escenario do conflito palestino. A novela vai ser adaptada como serie e será emitida por RTVE na tempada 2018-2019. En setembro do 2018 Rodeira publicará o seu conto Tikismikis, con ilustracións de Xan López Domínguez.

Compartir

Bibliografía de Garzón Córdoba, Laura


Mantente al día de la
actualidad de Pasajes