Alberto Fernández Canal

Alberto Canal (Casal de Maus-Ourense, 1967). Despois dunha década dedicado ao xornalismo na prensa escrita, na actualidade traballa no eido da comunicación empresarial en Caldaria. Como escritor, afirma que envorca nas súas obras boa parte do que é como persoa, e parte da convicción de que as persoas nos imos configurando a partir dos libros que lemos. En 2008 publicou a súa primeira novela, Conexión Tubinga (Xerais), unha intriga filosófica sobre a existencia de Deus, que resultou finalista do Premio Xerais dese ano e do San Clemente de 2009. En 2016 saíu O amor nos escuros días de Birkenau (Xerais), sobre a maldade gratuíta do réxime nazi, e finalista tamén do Premio Xerais. En O trapecista da malla de rombos (Xerais, 2018) narra a súa experiencia no circo de Bemposta. A súa novela máis recente é Carolina (Xerais, 2022).


Mostrando 1 libros encontrados (1 páginas)

Ordenar resultados por:

    1    



    1    



Pasajes Libros SL ha recibido de la Comunidad de Madrid la ayuda destinada a prestar apoyo económico a las pequeñas y medianas empresas madrileñas afectadas por el COVID-19

Para mejorar la navegación y los servicios que prestamos utilizamos cookies propias y de terceros. Entendemos que si continúa navegando acepta su uso.
Infórmese aquí  aceptar cookies.