Su carro de la compra está vacío

Volver

Carballeira Cabana, Paula

Biografía del autor

Paula Carballeira (Fene, 1972) é licenciada en Filoloxía Hispánica e dedícase profesionalmente ao teatro e á narración oral. Como autora de literatura infantil publicou, entre outras, as seguintes obras narrativas: A percura (1990); Robín e a boa xente (1995); Troulas, andainas, solpores e unha farsa anónima (1996); Mateo (1999); Olo-iepu-iepu (1999); Un porco e unha vaca xa fan zoolóxico (Xerais 1999); Paco (2001); Correo urxente (2001); O ganso pardo (2002); A era de Lázaro (2004); Smara (2006); A casa redonda (2008); As outras historias (2011); Casas (2012); O principio ; A burra Ramona (2013), Bruxa e familia (2017), Pan con chocolate. A merenda de Gianni (Xerais 2021) ou Trece avisos. Contos para ler pola noite (Xerais 2022). Como dramaturga publicou Boas noites (Xerais 2007), Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2007; Alicia & Alicia (2010); Pressing catch (2010); A folla máis alta (2012); O refugallo (Xerais 2013), Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2011; Somos os monstros (Xerais 2019), Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2018, ou Wombo Combo (Xerais 2023). Ten publicado, tamén, o poemario Contatrás (2006) e o texto teatral As alumnas (2022), que a fixo merecedora do Premio Nacional de Literatura Dramática 2023. En 2025 publica, xunto co ilustrador Iván R., o álbum Alicia e a mestra de Oza dentro da colección Pequena Memoria de Xerais.

Compartir

Bibliografía de Carballeira Cabana, Paula


Mantente al día de la
actualidad de Pasajes