Abril Camino (Lugo, 1980), pseudónimo de Rocío Otero, é licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña e en Filoloxía Inglesa pola UNED.
No ano 2015, despois de traballar como guionista, correctora, tradutora, profesora e editora, comezou as súa traxectoria como escritora, faceta na que podemos destacar as seguintes obras de entre as máis de vinte que xa leva publicado: Mi mundo en tus ojos (2018), La vida después de ella (2020), El ayer, nosotros y un mañana imposible (2020) e Nuestro último verano en la isla (2024).
Ademais da súa tarefa como autora, imparte obradoiros de Escritura Creativa na Universidade da Coruña, dirixe unha empresa de servizos editoriais e é coautora do podcast de temática literaria Desquiciadas de libro .
En 2025 gañou o XLII Premio Xerais de Novela con Mulleres que viven xuntas , a primeira obra que publica en lingua galega.
Fotografía da autora: Juan David Caseiras.