Su carro de la compra está vacío

Volver

Antía Yáñez

Biografía del autor

Antía Yáñez (Burela, 1991), enxeñeira, xestiona unha academia en Cecebre e organiza obradoiros literarios. Como narradora, comezou escribindo relato curto, ámbito no que gañou premios como Os Viadutos, o Xaime Illa Couto ou o Certame Literario de Cambre.
Para o público infantil e xuvenil publicou as obras O misterio de Portomarín (2016), que ten a súa continuación en O misterio do torque de Burela (2019); a novela distópica Be Water (2019) e Plan de rescate (Xerais, 2020), Premio Agustín Fernández Paz pola Igualdade. En narrativa para adultos publicou a novela Senlleiras (2018, Premio Illa Nova) e participou no libro de relatos Entre Donas (2020). O clan das barbies (Xerais, 2024) é a súa segunda novela na colección Narrativa despois de Non penses nun elefante rosa (Xerais, 2022).

Compartir

Bibliografía de Antía Yáñez


Mantente al día de la
actualidad de Pasajes